Etiqueta: Xogos

  • SALVEMOS A PEPIÑO!


    Esta actividade vai dirixida especialmente aos nenos e nenas de Educación Infantil, pero os irmáns maiores podedes axudalos a XOGAR.

    Tedes unha importante misión:  SALVAR A PEPIÑO! 



    O MORCEGO SEIS OLLOS secuestrou a Pepiño e o ten encerrado nunha casa no bosque encantado.

    Só vós podedes salvalo!  

     PEPIÑO NECESÍTAVOS! 




  • INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

    Unide cada instrumento co seu nome.

    Teredes que mover o rato por enriba das imaxes ou dos nomes e enlazar as parellas.

    Cando rematedes a ficha podedes corrixila vós mesmos ou mandala ao meu correo para que a corrixa.

    Lembrade o meu correo para recibir traballos de música.








  • OS PICAPEDRA

    Hoxe déixovos un vídeo moi interesante para que podades aprender a tocar coa frauta a canción da serie de debuxos animados “Os picapedra”.





    Pero antes de empezar a tocar mirade ben a partitura e estudádea facendo o seguinte xogo.



    Agora seguide o vídeo e A TOCAR!





  • A FACER MELODÍAS!

    Compón melodías e grávaas con esta simpática orquestra.





  • XOGO DO AFORCADO

    Animádevos a facer o xogo do aforcado.

    Fixádevos nos pétalos da margarida porque se non colocades a letra correcta irán caendo e cada vez teredes menos oportunidades.

    Prestade atención ao idioma. Todas as palabras están en galego!

    Cada xogo terá un tema que aparecerá na parte superior da plantilla.


      FIGURAS MUSICAIS  




      ESCALA MUSICAL  




      INSTRUMENTOS