"O señor dos aneis", película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.
A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o "Anel único" e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Señor Escuro, Sauron.
Lembrades a Feira Medieval que fixemos fai tres cursos?
Lembrades o concerto? Pois alí os vosos compañeiros, que agora están no instituto, tocaron esta melodía.
Este curso seredes vos quen interpretaredes esta peza.
Deixovos o video do concerto para que vexades que ben o fixeron.