¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.







OUTONO

Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.

O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.


Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Escoitamos o 3º movemento de "Outono".


Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.

Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.





Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.