Autor: MUSIKEANDO

  • O MEU BARCO

    “O MEU BARCO” é un bonito poema de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.

    Teño un barco de xoguete
    e nel me quero embarcar.
    Polos mares dos meus soños
    quen me verá navegar!

    Navegarei por mil rios
    sete mares hei cruzar.
    No meu barco de xoguete
    cansarei de viaxar!

    No meu barco de xoguete,
    mariñeiro e capitán…!
    Non teño medo ó trebón
    nin me asusta o furacán!

    O meu barco de xoguete!
    O meu barco moito val:
    verei terras, verei illas,
    verei mares de coral…!

    Andiven tódolos mares!
    Xa cansei de navegar
    co meu barco de xoguete
    sin salir do meu fogar!

    
    Esta canción forma parte do disco “OS SOÑOS NA GAIOLA”.


    Clicando na bandeira do  barco podedes escoitar a canción.





    E aquí vos deixo a partitura para que a toquedes coa frauta.




  • FELICITACIÓNS NAVIDEÑAS VIRTUAIS


    Se queredes felicitar estas festas utilizando as novas tecnoloxías aquí tendes diferentes páxinas para facer simpáticas postais navideñas.

    Son moi divertidas.

    ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!!!!!!!




  • OS INSTRUMENTOS DOS BEATLES

    Aqui vos deixo un simpático libro en 3D para investigar sobre os instrumentos do grupo THE BEATLES.


  • PORTADAS FAMOSAS!!!






    Os alumnos de 5º curso de Primaria resolveron bastante ben a Webquest “Discos, discos e máis discos”.

    Seguindo as instrucións dadas dividíronse en grupos e repartíronse os diferentes papeis: uns foron Beatles e posaron para as fotografías, outros foron os fotógrafos, maquetistas e coordinadores polo que non os podedes ver nas fotos, pero o seu traballo queda patente.

    Espero que vos gusten!!!

    ABBEY ROAD





    LET IT BE





    YELLOW SUBMARINE





  • DEBUXANDO A THE BEATLES

    THE BEATLES vistos polos nenos do 1º ciclo.


















    PEDAZO DE ARTISTAS!!!