O MEU BARCO

"O MEU BARCO" é un bonito poema de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


Clicando na bandeira do  barco podedes escoitar a canción.





E aquí vos deixo a partitura para que a toquedes coa frauta.







Los comentarios están cerrados.