BUSCANDO A FACHIÑO!

Durante esta semana os nenos de 1º e 2º tiveron unha importante misión: BUSCAR A FACHIÑO.

Seguiron as frechas musicais, que eran as que sinalaban o camiño correcto e rexeitaron as indicacións que lles ofrecían as frechas non musicais coa única intención de afastalos de Fachiño.

Atopárono no Departamento de Orientación, porque seica alí estaba moi quentiño.

Fachiño púxose moi contento porque xa levaba moitos días rulando polo colexio e apetecíalle ir para a clase de música onde compartirá este curso con todos os nenos.

Déixovos unhas fotos para que gozedes tanto como fixeron os nosos detectives de 1º e 2º.



-


SAMAÍN OLÍMPICO

Pronto celebraremos o Samaín e o deste ano seguramente será olímpico, xa sabedes, as bruxas máis feas, os fantasmas máis terroríficos, os vampiros máis pálidos... En fin, que se sempre pasamos algo de medo, este ano non vos digo nada, creo que será medo olímpico.

Aprenderemos unha canción que ten como protagonista a unha bruxa olímpicamente boa!!!

Déixovos a letra e a canción para que vaiades practicando.

Ah, que non o dixen, a canción titúlase "A bruxa Maruxa"!!!



clicade na bruxa Maruxa para escoitar a canción





CARROS DE FUEGO

Iniciamos o proxecto deste ano, "SOMOS OLÍMPICOS",  co conto do pentagrama aventureiro.

E agora preparádevos para tocar unha fantástica melodía representativa dos xogos olímpicos.



"CARROS DE FUEGO" é unha película baseada en feitos reais, cuxos protagonistas son dous mozos británicos que participan nos xogos olímpicos do ano 1924 en París.

A banda sonora do compositor griego Vangelis é unha das máis famosas do mundo.




Na inauguración dos xogos olímpicos de Londres 2012 Mr. Bean formou parte da orquestra que tocou esta melodía.




Aquí vos deixo a partitura para que vaiades estudando.






BENVIDOS!!!

Benvidos a un novo curso!!!

Para que empezedes cun gran sorriso aquí vos deixo un simpático vídeo de Bugs Bunny director de orquestra.

Ánimo que xa queda menos para as próximas vacacións je je...