UNHA VELLA TIÑA UN CAN

Aquí tedes unha nova canción do grupo MIGALLAS, "Unha vella tiña un can". 
Veremos a moitos animaliños circulando pola clase de música!!!

Aquí podedes ver os personaxes que aparecen nesta canción.



Clicade no can para aprender a letra



Clicade no debuxo para escoitar a canción


O ANDAR MIUDIÑO


"O andar miudiño" é unha cantiga tradicional galega que o clube de baloncesto "Obradoiro" elixiu como himno do equipo.

É realmente emocionante cando nos partidos todo o pavillón vibra ao ritmo desta melodía.

Como o noso cole é un fan do "Obradoiro", de feito fomos os gañadores das dúas convocatorias do concurso de debuxo do Nadal como o colexio máis participativo, o que nos levou a ser invitados a presenciar dous partidos, este ano imos a aprender a tocar coa frauta esta canción.