Autor: MUSIKEANDO

  • O SEÑOR DOS ANEIS

    “O señor dos aneis”, película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

    A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o “Anel único” e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Senor Escuro, Sauron.

    Poderíamos situar esta novela nunha época similar á medieval, e como no 2º trimestre seguiremos atrapados nesta época imos traballar cunha melodía da banda sonora da película.




    Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades estudiando.


  • LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

    O día 30 de Xaneiro celebraremos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ e coma sempre todos cantaremos unha canción. A de este ano vai ser “Los niños queremos la paz”, que tiene pero que mucha marcha. Xa vos deixo aquí a letra e outros vídeos para que a vaides practicando, por si alguén se aburre en vacacións je je je.

    Clicade na imaxe para ver a letra da canción e empezade a cantar







  • XOGA CON CHINDASVINTO!!!


    Chindasvinto quere saber se serás capaz de completar o xogo sobre os INSTRUMENTOS MEDIEVAIS sen equivocarte. Seguro que siiiiiii!!!

    POIS ADIANTE!!!









  • MÄGO DE OZ E DON QUIXOTE

    Aquí vos deixo unha fantástica versión da canción de “Don Quixote” que nos envía delokos.


    Canta o grupo MÄGO DE OZ, grupo de folk metal, subxénero do heavy metal, e do que temos traballado algunha melodía na clase.

    Grazas delokos!!!