Autor: MUSIKEANDO

  • O RETORNO DE PEER GYNT

    “O retorno de Peer Gynt” forma parte da Suite nº 2 da obra de Edvard Grieg.

    Esta música representa a volta a casa de Peer Gynt nun barco veleiro. Unha gran tormenta  fai que o barco se afunda.

    Clica no barco para escoitar a melodía.







  • 21 XOGOS MUSICAIS…

    Facía moito que non poñía novos xogos no blog pero agora vos deixo varios moi interesantes e unha páxina na que tendes 21 xogos, todos superdivertidos.

    Pasádevos polo blog de xogos.


  • EU NON SEI

    Unha canción tradicional galega que podemos atopar titulada de dúas formas diferentes: “Eu non sei” ou “Eu non sei que pasou no muiño”. Elixide a que máis vos guste!




    Se necesitades unha axudita coa partitura clicade na fotografía


  • UNHA VELLA TIÑA UN CAN

    Aquí tedes unha nova canción do grupo MIGALLAS, “Unha vella tiña un can”. 
    Veremos a moitos animaliños circulando pola clase de música!!!

    Aquí podedes ver os personaxes que aparecen nesta canción.



    Clicade no can para aprender a letra



    Clicade no debuxo para escoitar a canción


  • O ANDAR MIUDIÑO


    “O andar miudiño” é unha cantiga tradicional galega que o clube de baloncesto “Obradoiro” elixiu como himno do equipo.

    É realmente emocionante cando nos partidos todo o pavillón vibra ao ritmo desta melodía.

    Como o noso cole é un fan do “Obradoiro”, de feito fomos os gañadores das dúas convocatorias do concurso de debuxo do Nadal como o colexio máis participativo, o que nos levou a ser invitados a presenciar dous partidos, este ano imos a aprender a tocar coa frauta esta canción.