Autor: MUSIKEANDO

  • NA BEIRA



    A cantiga tradicional galega “Na beira”, ou tamén chamada “Na beira do mar”, fai, como tantas outras, referencia a un tema moi cercano a nos, o mar, que actualmente non pasa polos seus mellores momentos. Esperemos que as cousas cambien!!!

    Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.





  • DE CONCERTO CON ODAIKO

    Esta semana disfrutamos dun concerto do grupo de percusionistas ODAIKO. Se o concerto do pasado curso, “Odaiko nas escolas”,  foi fantástico o de este ano, “Vaia circo”, aínda estivo mellor, polo menos iso dixeron os nenos e eu penso que non lles falta razón.

    Aquí vos deixo unhas fotos da súa actuación.Clicade na imaxe!


  • A MORTE DE AASE

    “A morte de Aase” forma parte da Suite nº 1 da obra “Peer Gynt” do compositor noruego Edvard Grieg.

    Os intrumentos da familia da corda frotada son os protagonistas na interpretación desta melodía, que representa a tristeza que supón para Peer Gynt a morte da súa nai.


    clica na imaxe para escoitar a música

    https://dl.dropbox.com/s/2scfnbih7oa5g3b/A%20MORTE%20DE%20AASE.swf?m=





  • COLEXIO NOVO XA!!!

    Xa chega outro entroido (hai que ver que rápido pasan os cursos) e para seguir a tónica dos derradeiros anos seguimos REIVINDICANDO a construción do cole novo, xa que este cae a pedazitos.

    Novamente a temática da nosa comparsa estará relacionada coa construción, ou mellor dito, coa “non construción” do centro que tanto necesitamos.

    E como o que non nos falta é humor seremos o CEIP PLURILINGÜE CRUCEIRO INTERGALÁCTICO, porque xa nos vemos alá polo século XXXX…??? pedindo o novo cole.

    Imos retomar a superprodución que fixo a ANPA o ano pasado “COLEXIO NOVO XA!!!” para cantala e cantala ,a ver se así alguén nos escoita.





    Colexio novo xa, colexio xa!!!
    Xa son moitos anos
    loitando e loitando
    por un novo colexio
    a ver para cando.

    Promesas incumpridas e proxectos xa feitos.
    Donde están? Eles sabrán?

    Que vamos facer coa humidade no colexio
    Que vamos facer, seguridade no colexio.
    Que vamos facer cos malos cheiros no colexio.
    Que vamos facer, que ides facer???

    Reivindicamos nosos dereitos pra ti e pra min.
    Non xoguedes cos nosos fillos, basta xa, xa está ben!!!
    Para cando nos diredes esta vez??????

    Colexio novo xa, colexio xa, colexio novo xa, colexio xa !!!

    Farémonos máis fortes,
    ata que nos escoiten.

    Firmas, pancartas, protestas moi fundadas
    co paso destes anos foron realizadas.

    Promesas incumpridas e proxectos xa feitos.
    Donde están? Eles sabrán.

    Que vamos facer coa humidade no colexio
    Que vamos facer, seguridade no colexio.
    Que vamos facer cos malos cheiros no colexio.
    Que vamos facer, que ides facer???

    Reivindicamos nosos dereitos pra ti e pra min.
    Non xoguedes cos nosos fillos, basta xa, xa está ben!!!
    Para cando nos diredes esta vez??????

    Colexio novo xa, colexio xa, colexio novo xa, colexio xa !!!

    Farémonos máis fortes,
    ata que nos escoiten.

    Basta xa e ponte a traballar.
    Veña, veña que prontiño hai que ir a votar.
    Solución xa pra poder estudar.
    para cando nos diredes: o colexio está???

    Colexio novo xa, colexio xa, colexio novo xa, colexio xa !!!





  • FLASHMOB no metro de Copenhague

    Aquí vos deixo un flashmob, do que son protagonistas os músicos da Orquestra Filarmónica de Copenhague (Dinamarca).

    COÑECEDES A MELODÍA???