Autor: MUSIKEANDO

  • A MAÑÁ


    “A mañá” é a peza que abre a Suite nº 1.

    Os instrumentos de vento madeira son os protagonistas na exposición do tema. A intensidade vai aumentando no desenrolo da obra, ata alcanzar un forte que quere indicar a saída do sol soando con forza os instrumentos da familia da corda frotada.

    Está escrita nun compás ternario e o tempo é allegretto pastorale.


    Aquí vos deixo a partitura para que vaiades practicando.



    Se queredes unha axudita para ler a partitura clicade na foto.


  • ASÍ FOI O CONCERTO!!!

    O martes asistimos a o concertó “A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO” en Pontevedra, que foi FANTÁÁÁÁÁSTICO.
    Disfrutamos todos moitísimo coas cancións de Magín e coas aventuras da nena e do grilo.
    Xa tiñamos noticias de que Grotus quería asistir ao concertó. Hai nenos que din que o viron, eu non o vin pero cando descarguei  as fotos da cámara levei una gran sorpresa.
    https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/CONCERTO%20A%20NENA%20E%20O%20GRILO/CONCERTO%20A%20NENA%20E%20O%20GRILO%20NUN%20BARQUI%C3%91O.swf


  • UN XOGO PARA OS MÁIS PEQUENOS

    Os pequenos do cole tamén están aprendendo moitas cousas sobre Edvard Grieg e a súa obra máis coñecida, “Peer Gynt”.

    Déixovos este xogo para que repasedes o que traballamos na clase. PASADEO BEN!!!





  • O ESPANTALLO DIVERTIDO

    Aquí tedes unha canción do novo disco de Migallas coa que imos participar no proxecto do colexio deste curso, “CADA PAXARO NO SEU NIÑO”.

    Clicade na imaxe para escoitar a canción.





    Un espantallo divertido son.
    Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

    Catro farrapos vellos
    e palla de centeo.
    Cabeza de cabaza,
    nariz de pataca
    e levo por sombreiro
    o fondo dun cesto. (Bis)


    Un espantallo divertido son.
    Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

    Fun feito “pra” dar medo
    aos corvos e aos merlos,
    ás pegas rabilongas,
    ás rulas, ás pombas,
    pardais e paporrubios…
    que todos se escondan! (Bis)



    Un espantallo divertido son.
    Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

    E busco pola leira,
    debaixo das maceiras,
    enriba das patacas,
    do millo, das fabas,
    debaixo da verdura,
    na froita madura. (Bis)


    Un espantallo divertido son.
    Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

    E voan pola veiga.
    Escapan ás carreiras
    e logo, moi cansados,
    xa van acougando
    e veñen ao meu lado
    cantando e piando. (Bis)



  • A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

    O día 26 de Novembro os nenos de 1º ciclo asistiredes a un concerto en Pontevedra titulado “A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO”.

    Nese concerto Magín Blanco conta as aventuras dunha nena e dun grilo que van descubrindo o mundo a través dos contos e das cancións. 

    Vai ser un concerto fantástico e aquí vos deixo algúns vídeos que traballaremos na clase a vindeira semana.

    Ah, por certo, teño entendido que GROTUS ten moitas gañas de ver esta actuación ou sexa que os ollos ben abertos ese día.
















    Lembrade que cando asistimos a un concerto temos que cumplir unhas normas especiais para este tipo de representacións.

    Clicade no esceario para repasalas!!!