BOHEMIAN RHAPSODY



BOHEMIAN RHAPSODY é unha película biográfica que conta a historia do cantante británico Freddie Mercury e do grupo de rock QUEEN.

A película conseguiu o premio "Globo de Oro" 2019 á Mellor película dramática.

Quen foi Freddie Mercury?... e QUEEN?




QUEEN é unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante Freddie  Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon.

Un dos seus membros, Freddie Mercury, morreu no 1991 e John Deacon retirouse, pero a banda segue tocando baixo o nome de Queen.

"Bohemian Rhapsody" é unha canción escrita por Freddie Mercury no 1975 para o seu album "A night at the opera".
Cando se puxo á venta convertiuse nun gran éxito comercial, sendo un dos discos màis vendidos en Reino Unido.

Este tema é o que da nome a esta película sobre a banda.

Vexamos o trailer.




Dos moitos temas que aparecen na película traballaremos con dous dos máis famosos: "Radio ga ga" e "We will rock you".














Na seguinte escena de Bohemian Rhapsody veremos como se lle ocurriu ao grupo a canción de "We will rock you".





RODOLFO, O RENO DO NARIZ VERMELLO


Achégase o Nadal e non podía faltar unha película que fala duns personaxes moi queridos por pequenos e maiores.

Falo de Papá Noel e dos seus renos, concretamente de Rodolfo, o reno do nariz vermello.



Tocaremos unha canción moi coñecida que pertence á banda sonora da película.

No seguinte vídeo vexamos o trailer da peli.




Escoitemos a canción.







O SUBMARINO AMARELO



Seguindo esta viaxe polas Bandas Sonoras non podiamos esquecer a película protagonizada polos Beatles, "Yellow submarine".

Vexamos unha versión da famosa canción interpretada por Cantajuegos.



E agora unha versión instrumental.



E remataremos cunha interpretación da canción en galego.

No lugar onde nacín
agochábase un capitán.
Que navegou e navegou
e cantaba sen parar.

Pilotaba un submarino
polos mares de todo o mundo,
e contaba moitas historias
do planeta dos submarinos.

Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é.

Navegamos no verde mar,
vimos peixes e un tiburón.
Só soñamos con nadar.

Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é.

No lugar onde nacín
agochábase un capitán.
Que navegou e navegou
e cantaba sen parar.

Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é.



O MAGO DE OZ


"O mago de Oz" é unha película musical do ano 1939.

A película estivo nominada a varios premios Óscar e conseguiú dous, un deles á mellor canción por "Over the rainbow", que tocaremos na clase.

Está baseada na novela infantil "O maravilloso mago de Oz" de Frank Baum. 

A protagonista da historia é Dorothy, unha rapaza que vive en Kansas cos seus tios. 
Cando un tornado atraviesa a zona, a casa da xoven é absorbida con ela dentro. Cando o furacán remata, Dorothy descubre que aterrou nun mundo extraño e marabilloso chamado Oz, onde existe a maxia. Desexosa de volver a casa, Dorothy comeza a percorrer o camiño de baldosas amarelas, unha senda que a leva ata Cidade Esmeralda, lugar onde habita o mago. Só el poderá devolvela a Kansas.

Durante o camiño Dorothy coñecerá a distintos compañeiros de viaxe: un león cobarde, un espantallo sen cerebro e un home de hojalata sen corazón. Xuntos seguirán o camiño para pedirlle unha cousa cada un ao mago de Oz. O león pediralle coraxe, o espantallo un cerebro e o home de hojalata un corazón. 

Polo camiño deberán enfrentarse a diferentes peligros, como as malvadas bruxas que non desexan que acaden a súa meta.

De súpeto Dorothy esperta na súa cama. Parece que todo foi un sono...!  ou quizais non...!

No seguinte vídeo podedes escoitar a canción que tocaremos e veredes un pequeno resumo das aventuras de Dorothy.