Etiqueta: AUDICIÓNS

  • A VACA MARELA


    Esta canción conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!

    A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como “rubia gallega”, porque é de cor marrón clara e non ten manchas.

    AGORA IMOS COA CANCIÓN, e fixádevos ben porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores …




  • EL PENTAGRAMA

    Unha canción moi marchosa para iniciarnos na linguaxe musical convencional. 

    Empezamos cun xogo no pentagrama do chan que hai na clase de música e logo a pola canción.




  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    Esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg sempre está presente na aula de música, xa que axuda aos alumnos a aprender a escala coa frauta dunha forma moi divertida.

    Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.




    E agora con este vídeo, no que aparecen moitísimos trolls, estudiaremos o ritmo desta peza.




    E por último imos coa melodía.



  • O XOGO CHIRIMBOLO

    Unha canción para os máis pequenos coa que cantaremos e bailaremos, pero non serei eu quen lles ensine, serán os nenos que están agora en 4º de primaria.

    Vexamos eses vídeos!




    Pero que ben o facían!


    E agora imos coa canción.




  • IMAGINE: MUSICOGRAMA


    Con este musicograma practicaremos un acompañamento para a canción, utilizando a percusión corporal.

    Soará moi ben! Ánimo e a traballar!!!