Etiqueta: AUDICIÓNS

  • "EL BOSQUE DEL SILENCIO"

    A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada “La costa del silencio”. Este tema trata sobre o medio ambiente e fai referencia ao desastre do Prestige.

    Nestes intres os galegos estamos moi sensibilizados pola vaga de incendios que asolou os nosos montes no mes de outubro e imos utilizar esta canción para facer algún cambio na letra e adaptala aos momentos actuais.

    A nova canción chamarase “El bosque del silencio”.

    Imos aprender primeiro a canción orixinal. Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.

  • MARCHA RADETZKY: MUSICOGRAMA

    Imos ver as diferentes partes que ten a Marcha Radetzky.

    Escoitade a melodía e prestade moita atención ás distintas partes.

    Fixádevos que hai partes que son máis longas que outras.

  • O SEÑOR DOS ANEIS

    “O señor dos aneis”, película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

    A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o “Anel único” e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Señor Escuro, Sauron.

    Lembrades a Feira Medieval que fixemos fai tres cursos?

    Lembrades o concerto? Pois alí os vosos compañeiros, que agora están no instituto, tocaron esta melodía.

    Este curso seredes vos quen interpretaredes esta peza.

    Deixovos o video do concerto para que vexades que ben o fixeron. 

    E aquí déixovos a partitura para que vaiades estudiando.

  • MARCHA RADETZKY

    A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.

    Johann Strauss naceu e morreu en Viena e é o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.

    A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.

    Premede na imaxe e escoitaredes a melodía.

    A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

    Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

    Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

    Os directores invitados a levar na batuta neste concerto son os mellores do mundo.

    Déixovos o vídeo do concerto deste ano baixo a batuta de Gustavo Dudamel.