Etiqueta: AUDICIÓNS

  • MARCHA RADETZKY

    A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.

    Johann Strauss naceu e morreu en Viena e é o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.

    A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.

    Premede na imaxe e escoitaredes a melodía.

    A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

    Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

    Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

    Os directores invitados a levar na batuta neste concerto son os mellores do mundo.

    Déixovos o vídeo do concerto deste ano baixo a batuta de Gustavo Dudamel.

  • A NOSA CANCIÓN!

    Despois de visionar os vídeos e de traballar coa melodía comezamos a escribir a letra da nosa canción.

    Premede na imaxe porque tedes máis información.

  • A NOSA CANCIÓN!

    Despois de visionar os vídeos e de traballar coa melodía comezamos a escribir a letra da nosa canción.

    Premede na imaxe porque tedes máis información.

  • FRAY SANTIAGO

    Imos traballar cunha das cancións infantís máis coñecidas do mundo. A súa orixe é francesa, e o nome orixinal é “Frére Jacques”.

    Aquí coñecémola como “Fray Santiago” ou tamén como “Campaneiro”.

    Esta melodía pode tocarse como un “canon” a varias voces, e íso é o que faremos, tocala a tres voces.

    Vexamos diferentes vídeos para familiarizarnos coa melodía e a continuación comezaremos a tocar.

    Agora estudiaremos a melodía.

    Con estes vídeos tocaremos cos tubos afinados.

    E agora imos co canon.