Etiqueta: AUDICIÓNS

  • O ENTROIDO DOS ANIMAIS: ACUARIO

     

    O alumnado de Educación Infantil vai seguir coñecendo a personaxes da obra “O entroido dos animais” de Camille Saint-Saëns.

    Esta vez tócalle o turno a un grupo de simpáticos peixes que viven nun acuario.




    Que calma transmiten estes peixes!



  • MUSICOGRAMA SAMAÍN

    Esta semana celebraremos o Samaín, ademáis de cantando e bailando a canción de Mamá Cabra, tocando diferentes instrumentos rítmicos seguindo o musicograma.

    Preparados… listos… xa!



  • SAMAÍN

    Pronto será Samaín e ainda que este ano tampouco poderemos estar todos xuntos para celebralo, nas clases de música faremos cancións, danzas e xogos para converternos neses seres monstruos que  se pasean polas rúas nestas datas tan terroríficos.




  • OUTONO

    Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.

    O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

    Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados “AS CATRO ESTACIÓNS”, ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.


    Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

    Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

    Escoitamos o 3º movemento de “Outono”.


    Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.

    Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.





    Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.




  • SALVEMOS A SARGANTANA!

    Esta semana os nenos de Educación Infantil teñen unha gran responsabilidade, xa que deben axudar a Sargantana.

    Sargantana está en perigo!

    Cando viña de Cucurulandia, no seu foguete, caeu dentro do volcán da illa de A Palma. Non queda moito tempo para poder salvala.

    TEMOS UNHA MISIÓN!