ALELUYA

"Aleluya" é unha expresión de alegría utilizada pola relixión cristiana como demostración de xúbilo.

No ano 1984 o cantante canadiense Leonard Cohen compuxo unha canción titulada "Hallelujah" que se fíxo mundialmente famosa.

Esta canción formou parte da banda sonora da película de animación "Shrek" e podemos escoitala no seguinte vídeo.

E agora veredes unha magnífica versión protagonizada por escolares o ano pasado.

Os alumnos de 5º curso, divididos en grupos, debedes escribir unha letra para esta melodía.

As normas que debe cumprir a vosa composición publicareinas nun próximo post.

XA CHEGOU O OUTONO!

Nótase ben que o verán rematou e que o outono xa está aquí.

Aproveitando o cambio de estación imos aprender algunha cousiña sobre un importantísimo compositor italiano, ANTONIO VIVALDI.

ANTONIO VIVALDI, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.

Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, pero tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Estas tres follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.
Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.

Premede no debuxo para velas bailar!!!

E agora seredes capaces de bailar como se forades follas en outono?

SEGURO QUE SIIIII!!!!!!!  A BAILAR!!!!!!!!!!!!!!!