NOVENA SINFONÍA DE BEETHOVEN

A sinfonía nº 9 en re menor, op. 125, coñecida como "Coral" é a última sinfonía do xenial compositor. Foi estreada o 7 de maio de 1824 en Viena. Beethoven compartiu o escenario con outro director xa que él estaba practicamente xordo.

Está dividida en catro movementos e imos centrarnos no 4º, que resultou moi orixinal pola introducción de catro solistas e un coro que cantan acompañados pola orquestra. O tema principal deste movemento é o coñecidísimo "Himno a la alegría" co que imos traballar durante este mes.

O magnífico director Riccardo Muti dirixe á Orquestra Sinfónica de Chicago nunha boísima interpretación da 9ª sinfonía na que podemos ver con moito detalle os diferentes instrumentos.

Xa que é moi longa déixovos aquí onde comezan aqueles fragmentos que escoitaremos na clase, pero quen queira animarse a escoitar máis... adiante!!!..., seguro que vai  disfrutar!!!

No minuto 52, 16 segundos comeza o IV movemento.

No minuto 55, 27 segundos comeza, pianissimo, a melodía que xa coñecemos.

No minuto 59, 22 segundos comeza o baixo a cantar e a continuación séguelle o coro.





Agora veremos un Flash Mob en Sabadell onde os músicos sorprenden ás persoas que pasean pola rúa coa súa interpretación.



Outra interpretación máis do 4º movemento da 9ª sinfonía, "O coro máis grande do mundo".



O "Himno a la alegría" foi elixido como himno cando se creou a Unión Europea. Aquí vos deixo unha graciosa interpretación de "Mr Bean" en Alemania.





Fixéronse varias películas sobre a vida de Beethoven. Aquí vos deixo o tráiler de "Copying Beethoven" que conta a historia dunha estudiante do conservatorio que vai traballar como copista de Beethoven. Lembrade que falamos que naquela época as partituras ou se imprimian nas imprentas ou se copiaban a mano, para logo poder vendelas.



CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

O venres 4 de decembro recibiremos no colexio á Banda de Música de Sanxenxo. Darán un pequeno concerto para todos os alumnos de Primaria.

Aquí vos deixo un xogo co que aprenderedes moitas cousas sobre os diferentes instrumentos da Banda.


Clicade na fotografía para empezar a xogar!


CAMPANEIRO: MUSICOGRAMA

Parece que a Fachiño lle van gustando as diferentes interpretacións que está escoitando na aula de música, da nana que escollimos. 

Díxome que pola noite lémbrase da canción e os ollos empezan a pechárselle, pero aínda temos que seguir traballando para que poida durmir como un tronco.

Aquí vos deixo un musicograma para que os pequenos acompañedes a melodía con axóuxeres e con claves.

Clicade na imaxe do campaneiro para velo.


FACHIÑO NON PODE DURMIR!!!

Fachiño xa está na aula de música e agora espera impaciente a cerimonia de inauguración dos "Xogos Olímpicos" do colexio.

Está moi contento porque xa coñeceu a todos os nenos, pero ten un pequeno problema. Díxome que non é capaz de durmir e nótase un pouco cansado. Que vos parece se lle axudamos un pouquiño???

Poderíamos cantar e tocar unha nana tradicional que todos escoitáchedes algunha vez, FRÈRE JACQUES, qué é o título da canción infantil orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, ahhh! e Jacques era o fraile que se encargaba de tocar as campás da igrexa.

Aprenderedes a tocala coa frauta, cos instrumentos de placas e con instrumentos rítmicos, pero antes déixovos algúns vídeos para que vaiades afinando...













Agora que xa estudíachedes a partitura empezaremos a tocar a canción.