Etiqueta: AUDICIÓNS

  • O ENTROIDO DOS ANIMAIS: LEÓN

    O autor Camille Saint-Saëns compuxo a obra “O entroido dos animais” coa que coñeceremos a diferentes animais a través da música.

    O LEÓN aparece representado nesta obra e os alumnos de Educación infantil converteranse en verdadeiros reis da sabana.



  • SALVEMOS A PEPIÑO E A SARGANTANA!

    O alumnado de Educación Infantil ten unha importante misión.

    Pepiño e Sargantana foron secuestrados polo CORONAVIRUS, que quere contaxialos.

    Coa axuda da VACINA contra o virus salvarémolos.

    IMOS ALÓ!

  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA



    Tocaremos esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg, utilizando instrumentos de placas e outros de percusión non afinados.

    Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.


    O seguinte vídeo móstranos os matices deste vídeo.

     

    Esta peza tamén formou parte da banda sonora da película “Trolls”, no tema “Hair up”.

      
    E agora con este vídeo, no que aparecen moitísimos trolls, estudiaremos o ritmo.




    E por último imos coa melodía.



  • PEDRO E O LOBO

    Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical “Pedro e o lobo”, do compositor Serguéi Prokófiev.

    Nesta historia cada personaxe está representado por diferentes instrumentos da orquestra sinfónica.

    Empezaremos vendo a versión que fixo Disney desta historia.


    No seguinte anuncio a música de Pedro e o lobo tamén é protagonista.

     


    Xa coñecemos a historia de Pedro e os seus amigos e agora toca coñecer os instrumentos que tamén protagonizan o conto.

    Premede na imaxe e prestade moita atención.


  • ATA O VINDEIRO CURSO!



    Despidome de vós, ata setembro, cunha canción moi optimista e con moita marcha!

     BOAS VACACIÓNS!