Etiqueta: AUDICIÓNS

  • CONTO "A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS"

    Espero que vos guste este conto sobre o concerto “A nena e o grilo no país das apertas”.



    Déixovos tamén unha bonita canción que escoitaremos no concerto! 

     Clicade no corazón para escoitala.


  • A NENA E O GRILO NO PAIS DAS APERTAS

    Neste mes os nenos de Educación Infantil asistiredes a un marabilloso espectáculo, “A nena e o grilo no pais das apertas”.

    A min non me da chegado o día e para entreterme vou ver moitas veces os seguintes vídeos.

    ANIMÁDEVOS TAMÉN!!!









  • FANTÁSTICO CONCERTO!!!

    O concerto de Odaiko foi fantástico, sempre conseguen sorprendernos coas súas “invencións”.




  • FEIRA MEDIEVAL

    A Feira Medieval chegou ao seu fin e xa estamos de novo na nosa época. Os dous días de volta ao pasado foron fantásticos e o cole estaba precioso. 

    Dentro de todas as actividades que se fixeron, na aula de música tiñamos dous importantes traballos: poñer un posto de venta de instrumentos feitos con material de refugallo, do que se encargaron os nenos de 1º e 2º, e dar un concerto medieval, que fixeron os de 3º, 4º. 5º e 6º.

    As dúas actividades foron un éxito e no concerto ata nos pediron “bises”.

    Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo que fixemos.


  • QUEN É MALALA?

    Este ano imos celebrar o Día Escolar pola Paz con MALALA.

    QUEN É MALALA?



    Malala naceu en Pakistán o 12 de xullo de 1997.




    O 9 de outubro de 2012 dous talibáns interromperon o percorrido dun autobús escolar que viaxaba polo valle de Swat en Pakistán e con armas na man subiron ao autobús e preguntaron “Quen é Malala?” A continuación empezaron a disparar contra a xoven e as súas amigas. Malala foi ferida na cabeza e  no pescozo e estivo meses hospitalizada.

    Os terroristas que lle dispararon pensaron que coas súas balas farían calar para sempre a Malala, que loitaba porque as nenas tiveran dereito á educación, pero non o conseguiron. Fixeron que Malala loitara máis que nunca polo dereito das mulleres a ir á escola.

    No ano 2014 concedéronlle o PREMIO NOBEL DA PAZ.

    Clica na imaxe de Malala para ter máis información.



    O compositor mexicano Arturo Márquez compuxo no ano 2013 unha obra para coro e orquestra dedicada a Malala.