Etiqueta: AUDICIÓNS

  • XOGO DE TRONOS

    “Xogo de tronos” é unha famosa serie con moitos seguidores en todo o mundo.

    A obra está ambientada nun mundo imaxinario onde sete reinos e varias familias loitan por ocupar o trono de ferro. Este mundo imaxinario poderiamos situalo nunha época parecida á medieval e ao igual que coa novela “O señor dos aneis” imos adentrarnos neste máxico mundo coas nosas mellores galas medievais.

    Aquí vos deixo varios vídeos e a partitura coa melodía que imos traballar no 2º trimestre. Xa sabedes que todavía seguimos atrapados no medievo!!!







     Ata os Simpson se atreven con esta obra.

     


  • O SEÑOR DOS ANEIS

    “O señor dos aneis”, película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

    A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o “Anel único” e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Senor Escuro, Sauron.

    Poderíamos situar esta novela nunha época similar á medieval, e como no 2º trimestre seguiremos atrapados nesta época imos traballar cunha melodía da banda sonora da película.




    Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades estudiando.


  • MÄGO DE OZ E DON QUIXOTE

    Aquí vos deixo unha fantástica versión da canción de “Don Quixote” que nos envía delokos.


    Canta o grupo MÄGO DE OZ, grupo de folk metal, subxénero do heavy metal, e do que temos traballado algunha melodía na clase.

    Grazas delokos!!!




  • A TOCAR E A DANZAR!!!

    Ola chicos de 1º, como me pedíchedes aquí vos deixo a melodía medieval coa que estamos bailando e tocando. 

    Clicade no castelo para escoitala e prestade moita atención ás bandeiras que aparecen.

    Saberiades dicirme que significan??? Teredes que contestar despois de escoitar a música.




  • INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

    Clicade na imaxe para saber algo máis sobre algúns dos instrumentos que se utilizaban na Época Medieval.