Etiqueta: AUDICIÓNS

  • DANCE MONKEY



    “Dance monkey” é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e  que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.

    Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.

    Imos traballar con esta canción bailando e tocando.

    Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.

    A BAILAR!












    E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro  instrumento ou obxecto co que podades facer sons.

    A TOCAR!




  • TKN


    Xa temos o novo disco de Rosalía con Travis Scott, estrela do hip hop.

    Imos empezar o último mes do curso cunha inxección de enerxía!



    Atrevédesvos coa coreografía?

    SEGURO QUE SI!


  • SALVEMOS A PEPIÑO!


    Esta actividade vai dirixida especialmente aos nenos e nenas de Educación Infantil, pero os irmáns maiores podedes axudalos a XOGAR.

    Tedes unha importante misión:  SALVAR A PEPIÑO! 



    O MORCEGO SEIS OLLOS secuestrou a Pepiño e o ten encerrado nunha casa no bosque encantado.

    Só vós podedes salvalo!  

     PEPIÑO NECESÍTAVOS! 




  • MUIÑEIRA DE CHANTADA


    A “Muiñeira de Chantada” é a peza máis famosa do repertorio dos gaiteiros galegos.

    Esta obra foi composta, no ano 1865, polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, membros da Banda del Ferraias.

    A peza foi popularizada polos irmáns Cachafeiro, os Gaiteiros de Soutelo, que a gravaron no ano 1928.

    Déixovos aquí a interpretación desta peza, que fixo Carlos Núñez acompañado do grupo “The Chieftains”.



    Vexamos a intepretación desta danza tradicional.



     E agora un cambio total de estilo! 

    Fai dous anos, a escola de danza Media Punta de Vigo decidiu coreografiar a “Muiñeira de Chantada” a ritmo de hip hop.

    Con esta danza obtiveron a medalla de oro no Campeonato de España e tamén presentáronse ao programa Got Talent, donde tiveron gran éxito.





     ANIMÁDEVOS A PROBAR! 

  • MUIÑEIRA CORRIDA

    No mes das Letras Galegas traballaremos con música tradicional.

    Empezaremos cunha canción moi xeitosa titulada “Muiñeira corrida”.



    Agora que xa coñecedes a canción imos acompañala con instrumentos tradicionais.

    Xa sei que os instrumentos están no colexio, pero moitos de vós tedes na casa algún dos instrumentos que aparecen no vídeo e todos tedes botellas, culleres de pao ou de metal, vasos, tixolas, tapas… e calqueira cousa coa que podades facer sons. Utilizade a imaxinación!

    Xa sabedes que a música tradicional sempre foi acompañada por calqueira utensilio da casa co que se puidera facer un ritmo.

    Seguro que o facedes xenial!