Etiqueta: Colexios

  • Os Contacontos Musicais nos colexios de Ferrolterra

    Este mes de febreiro os Contacontos Musicais de Musicreques tamén teñen cita nos coles de Ferrol e Narón. 

    O venres 15 visitaremos o Ceip A Laxe onde actuaremos para aproximadamente 60 escolares de infantil e primaria. Esta actuación enmárcase dentro do programa de dinamización da música e a lectura que facemos conxuntamente co CMUS Xan Viaño de Ferrol.


    O mércores 20 achegarémonos ata Narón, ao Ceip A Solaina onde volveremos a contar os nosos contos aos raparigos e raparigas da comarca de Ferrolterra. 

  • O Contacontos Musical con linguaxe de signos

    Onte actuamos para os escolares do CRA de Narón no Local social “Os Irmandiños” de O Val. Foi un día moi especial para nós porque tivemos a oportunidade de compartir os nosos contos co alumnado con discapacidades auditivas grazas á fantástica labor de Lorena María García, intérprete de linguaxe de signos.

    Aquí vos deixamos un par de fotos da actuación de onte na que se pode observar a Lorena na marxe dereita desenvolvendo a súa labor de intérprete. 



    Grazas ao CRA de Narón pola súa invitación, a César e Susana pola súa amabilidade para connosco e, por suposto, moitísmas grazas polos agasallos! Por certo, as “Maruxas de nata” estaban tan boas que ao chegar a casa volaron!!



  • Comezamos a andaina polos coles

    Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

    O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

       *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
       *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
       *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
       *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
       *  Febreiro: CEIP a Laxe
       *  Marzo: CEIP Isaac Peral
       *  Abril: CEIP de Esteiro
       *  Maio: aínda por determinar

    A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de “A tola de Lola”, “Pío e Pía”, “O caracol viaxeiro”, “A chicharra Dora”, “A lanchiña do flamenco”, “A galiña Carmiña” e “Contamos emocións”.
  • Imos colaborar co Conservatorio Xan Viaño de Ferrol na dinamización da música e a lectura

    O Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol e a Asociación Musical Musicreques acaba de concretar un programa de actuacións nos colexios de Ferrol para o presente curso lectivo. É un programa de fomento da música e dinamización da lectura que orgañizan conxuntamente os equipos de Normalización lingüística, Biblioteca e Convivencia do CMUS Xan Viaño xunto coa nosa Asociación.

    A actividade que se vai realizar é o Contacontos musical nas datas de:

       26 de Outubro
       16 de Novembro
       14 de Decembro
       25 de Xaneiro
       15 de Febreiro
       15 de Marzo
       5 de Abril
       24 de Maio

    O contacontos realizarase nos propios centros educativos sen custo ningún para os colexios nin para o CMUS Xan Viaño, dentro da actividade sen ánimo de lucro da Asociación Musical Musicreques.


    Esperamos que os nenos o pasen fenomenal!!

    Se queredes estar informados podédesnos seguir a través da nosa páxina de Facebook!
  • Un gran día da Paz para Musicreques

    O martes estivemos de novo no Ceip. Mesón do Vento, catro anos despois de visitalo por primeira vez, para representar Iván e o lobo gris.

    Foi un día fantástico. Todos os profes foron moi amables con nós e os rapaces disfrutaron tanto do espectáculo que riron a gargalladas, cantaron a viva voz e axudaron activamente a que o espectáculo chegara o bon fin. 

    Tamén tivemos a sorte de contar cos integrantes de Habilidades Sociales de Ordes que asistiron ao espectáculo invitados polo colexio e que nos transmitiron a súa alegría por estar alí e gozar das aventuras de Iván.

    Moitas grazas ao Ceip Mesón do Vento por nos amosar estes anos o seu interese para que voltásemos ao seu centro, e especialmente a Cristina, coordinadora da biblioteca do Ceip. Mesón do Vento, por toda a súa axuda.

    Vos deixamos o enlace a súa páxina web por se vos interesa ver os seu comentario sobre a nosa actuación.