Musicreques visitará o Ceip Mesón do Vento

Despois da actuación a primeiros de este mes en Pontedeume, na que fixemos dúas sesións, unha para bebés co Quebranoces e outra para rapaciños algo máis maiores, con Iván e o lobo gris, Musicreques ponse en marcha de novo para achegar aos rapaces a música e o teatro de monicreques.

O vindeiro martes 30 de Xaneiro, día da Paz, visitaremos de novo o Ceip Mesón do Vento, no que xa estivemos no 2014. Os rapaciños de este cole xa coñecen As aventuras de Quebranoces, mais o próximo martes coñecerán tamén a Iván, ao lobo gris, ao paxaro, a rá e, por suposto, a malvada bruxa Baba Yaga. Gozarán dun fantástico conto de aventuras, amizade e maxia no que o poder da música será quen de vencer todos problemas. Estamos a desexar que chegue o día...

Deixámosvos aquí tamén unha imaxe da actuación en Pontedeume.

Musicreques visitou o CEIP da Igrexa

O pasado 20 de outubro o Concello de As Somozas tivo a ben invitarnos a visitar o CEIP da Igrexa para representar o noso espectáculo de Iván e o lobo gris.

Os nenos pasáronno xenial e riron un montón. Aquí vos deixamos a montaxe de fotos que puxeron na súa web.

Para nós tamén un pracer volver a levar as aventuras de Iván aos colexios. Ata a próxima As Somozas!

Nova páxina: Histórico

Catro anos de andanza van xa dende o 2012!!

Nun días Musicreques vai estar de aniversario e queremos celebrarlo con vós cunha página nova no blog. Na pestaña de Histórico (arriba e á dereita) podedes ver todos os lugares onde actuamos, os programas, festivais ou ciclos nos que participamos e os centros educativos para os que fixemos sesións didácticas. Esperamos que vos sexa de interese!

Por certo, xa temos 250 seguidores na nosa páxina de facebook! Se non a coñecedes podedes visistala para ter toda a información das nosas actuacións.

Actuacións nos colexios no 2016-17

Algúns colexios estanse xa a poñer en contacto ca Asociación Musical Musicreques para concretar datas de actuacións nos seus centros educativos, pero lamentablemente témosvos que informar que este ano a Asociación non vai poder actuar polas mañás de luns a venres por circunstancias persoais.

Esperamos retomar a nosa actividade nos coles durante curso académico 2017/18. Ata entón esperamos podervos ofrecer os nosos espectáculos noutras datas e espazos.