Neste video que fixeron no Ceip. Couceiro Freijomil tedes unha mostra do que é o Concerto Didáctico de “As aventuras de Quebranoces”. Podedes ver a parte de música e títeres, unha mostra das diapositivas e a escena de Rusia co simpático ruso e a súa muller. Espero que vos guste!
Etiqueta: Colexios
-
Concerto no Ceip. Couceiro Freijomil 2
A clase de Ana, dos nenos de 4 anos do Ceip. Couceiro Freijomil, publicou no seu blog o video da actuación que fixemos para Infantil. Déxovos o link para que o vexades se vos interesa.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XpfRnx4y7d4&noredirect=1 -
Concerto no Ceip. Couceiro Feijomil 1
O xoves 18 fumos ao Ceip. Couceiro Freijomil de Pontedeume. Fixemos dúas sesións, unha para Primaria (1º, 2º 3, e 4º curso) e outra para os nenos de Infantil. Pasámolo xenial!! Os rapaces non pararon de rir e participar no espectáculo, incluso atrevéronse a dar palmas e cantar mentres sonaba a música. Foi moi emocionante!!.
As diapositivas gustaron moito e os nenos disfrutaron adivinando que imaxe e personaxe ía aparecer a continuación.Co pequerrechos que eran…. e manexáronse de maravilla bailando o Vals, asombroso!!
Foi un placer actuar para vós Ceip. Couceiro Freijomil. -
Concerto no Ceip. San Marcos 2
Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos no cole de Abegondo. Non hai fotos dos monicreques porque as que sairon sen flash sairon movidas e as con flash perden todo o ambente de luces de cores que hai nas escenas. Esperamos que vos gusten estas pouquiñas que eleximos para o blog.
Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.
Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura… menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!
Despois, foron tan amables de nos dar un agasallo…
Moitas gracias Ceip. San Marcos!!!! -
Concerto no Ceip. San Marcos 1
O martes 16 estreamos o espectáculo de “As aventuras de Quebranoces” no Ceip San Marcos de Abegondo para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria. Os nenos pasárono xenial, ríronse un montón e houbo moitísima participación, pero nós aínda o pasamos mellor. Mereceu a pena o traballo e o esforzo!. Moitas gracias a todos o que fixeches posible esta locura.
