Quebranoces vai ao Ceip. Conde de Fenosa

O Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares contactou con nós para que vaiamos facer unha representación do noso Quebranoces na primeira semana de novembro. Aínda no é seguro se faremos unha ou dúas sesións pero, como vos podedes imaxinar, estamos xa moi ilusionadas pensando nos nenos que nos van ver actuar. Cando concretemos a data, publicarémola na páxina de facebook para que coñezades a nosa axenda.


O Quebranoces no Ceip. de Andrade

Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos vou decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel,  Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa. 

Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.


Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas... pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!

Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.






Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!

Próxima actuación

Alegrámonos moito de poder contarvos que temos xa unha nova actuación prevista para este mes de Maio. O Ceip. de Andrade no Concello de Pontedeume púxose en contacto con nós e acordamos representar "As aventuras de Quebranoces" o día 30. Xa nos tarda que chegue o día..!


O Ceip. de Andrade

Con esta será a terceira vez que Quebranoces e os seus amigos cobren vida no teatrillo e fagan rir e disfrutar aos nenos. Fainos moita ilusión poder levar de novo a fermosa música de Tchaikovsky aos rapaces e esperamos que lles guste tanto como a nós.