Etiqueta: Contacontos Musicais

  • Impresionante a participación dos escolares no Contacontos Musical

    O pasado mércores 15 e o xoves 16 visitamos dous centros educativos co gallo do día das Letras Galegas para celebrar a nosa língua co espectáculo Contacontos Musical, e alucinamos coa participación dos escolares do Ceip Ponte Carreira do Concello de Frades e do Ceip Oza dos Ríos do Concello Oza-Cesuras. 

    A participación no contacontos por parte dos rapaciños é sempre moi activa, mais nesta ocasión á segunda vez que os rapaces escoitaban unha melodía… xa a estaban a cantar!! Repetiron todo o que lles soaba, respostaron ás preguntas, resolveron as adiviñas e incluso cantaron o que non adoita cantar o público. Que ben o pasamos! 

    O próximo mércores 22 viaxaremos ata Valdoviño para visitar un cole que xa nos ten acollido con agarimo en ocasións anteriores, o Cpi de Atios.


  • O Contacontos Musical de Musicreques segue visitando Concellos

    Este mes de Maio continuamos a facer o noso Contacontos Musical por distintos lugares da provincia de A Coruña. 


    Visitaremos os Concellos de Frades, Oza-Cesuras e Valdoviño, os días 15, 16 e 22.

  • O Contacontos Musical de Musicreques segue visitando Concellos

    Este mes de Maio continuamos a facer o noso Contacontos Musical por distintos lugares da provincia de A Coruña. 


    Visitaremos os Concellos de Frades, Oza-Cesuras e Valdoviño, os días 15, 16 e 22.

  • Musicreques celebra o Día Mundial do Libro en Irixoa

    O Concello de Irixoa convidounos a celebrar o día do Libro o próximo luns 29 de abril. Farémolo levandolles o noso Contacontos Musical na versión para bebés. Será ás 12:00 da mañá na Biblioteca Municipal.


    Os próximos compromisos levarannos ata Frades, Oza-Cesuras e Valdoviño. Se vos interesa, podedes seguir a nosa actividade en Facebook. 


  • Novo conto de Musicreques en Youtube

    Acabamos de subir á nosa canle de Youtube o conto de “A chicharra Dora”. Como tódo-los contos do espectáculo Contacontos Musicais é da nosa autoría, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán, e está musicado tal e como o representamos no espectáculo de narración oral.


    É un conto breve que vai de músicos pero non só é para músicos porque trata dun tema bastante común, a convivencia entre os veciños. Problema moi frecuente que temos os músicos profesionais, xa que temos que compaxinar o noso amor pola música e a necesidade de practicar frecuentemente, coa dificultades de vivir nunca comunidade de veciños.

    Aquí está o video. Esperamos que vos guste!


    O conto da chicharra é o segundo video dos contos do Contacontos Musicais. Anteriormente subimos o conto de A tola de Lola que esté a ter moi boa acollida entre os rapaciños. Se vos gustan os contos de animais ou de aqueles que fan cousas que ninguén se espera, non volo perdades!