Impresionante a participación dos escolares no Contacontos Musical

O pasado mércores 15 e o xoves 16 visitamos dous centros educativos co gallo do día das Letras Galegas para celebrar a nosa língua co espectáculo Contacontos Musical, e alucinamos coa participación dos escolares do Ceip Ponte Carreira do Concello de Frades e do Ceip Oza dos Ríos do Concello Oza-Cesuras. 

A participación no contacontos por parte dos rapaciños é sempre moi activa, mais nesta ocasión á segunda vez que os rapaces escoitaban unha melodía... xa a estaban a cantar!! Repetiron todo o que lles soaba, respostaron ás preguntas, resolveron as adiviñas e incluso cantaron o que non adoita cantar o público. Que ben o pasamos! 

O próximo mércores 22 viaxaremos ata Valdoviño para visitar un cole que xa nos ten acollido con agarimo en ocasións anteriores, o Cpi de Atios.


Musicreques celebra o Día Mundial do Libro en Irixoa

O Concello de Irixoa convidounos a celebrar o día do Libro o próximo luns 29 de abril. Farémolo levandolles o noso Contacontos Musical na versión para bebés. Será ás 12:00 da mañá na Biblioteca Municipal.


Os próximos compromisos levarannos ata Frades, Oza dos Ríos e Valdoviño. Se vos interesa, podedes seguir a nosa actividade en Facebook. 


Novo conto de Musicreques en Youtube

Acabamos de subir á nosa canle de Youtube o conto de "A chicharra Dora". Como tódo-los contos do espectáculo Contacontos Musicais é da nosa autoría, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán, e está musicado tal e como o representamos no espectáculo de narración oral.


É un conto breve que vai de músicos pero non só é para músicos porque trata dun tema bastante común, a convivencia entre os veciños. Problema moi frecuente que temos os músicos profesionais, xa que temos que compaxinar o noso amor pola música e a necesidade de practicar frecuentemente, coa dificultades de vivir nunca comunidade de veciños.

Aquí está o video. Esperamos que vos guste!


O conto da chicharra é o segundo video dos contos do Contacontos Musicais. Anteriormente subimos o conto de A tola de Lola que esté a ter moi boa acolliña entre os rapaciños. Se vos gustan os contos de animais ou de aqueles que fan cousas que ninguén se espera, non volo perdades!

Rematou o programa de colaboración de Musicreques co CMUS Xan VIaño

O venres 5 de abril rematamos no Ceip de Esteiro o programa de colaboración co CMUS Xan Viaño, que levou a música clásica e os contos en galego aos centros educativos públicos de Ferrol. 

No Ceip Isaac Peral
O programa realizado por Musicreques, xunto co CMUS, levou entre os meses de outubro a maio o espectáculo Contacontos Musicais directamente aos centros educativos de: Cruceiro de Canido, San Xoan de Filgueira, Almirante Juan de Lángara, Ponzos, A Laxe, Isaac Peral e Esteiro. De xeito que ao redor duns 600 escolares puideron gozar dos nosos divertidos contos e de moitísimas pezas de música clásica interpretadas ao piano en directo, sen sair do seu centro educativo.

No Ceip A Laxe

No Ceip de Esteiro

Diferentes pezas de Schumann, Brahms, Debussy, Chopin, Saint-Saëns, Mozart, Grieg, Joplin ou Pieczonka, ilustraron os contos de "A galiña Carmiña", "A chicharra Dora", "O caracol viaxeiro", "A lanchiña do flamenco", "Pío e Pía" ou "A tola de Lola".


Os monicreques chamaron moitísmo a atención da cativada, especialmente a galiña Carmiña e os paxariños Pío e Pía, que moitos rapaces tentaron acariñar cando pasaron voando ao seu carón.


Foi todo un placer realizar esta actividade que tivo tan boa acollida na comunidade educativa. Ata a próxima!!