Muiscreques rematou o ano 2014 na Biblioteca de Santiago de Compostela

Rematamos o ano 2014 ca actuación do pasado 20 de decembro na Biblioteca Pública Ánxel Casal onde tivemos unha asistencia de 33 rapaces e 25 adultos que, segundo nos contaron as responsables da Biblioteca, o pasaron fenomenal e valoraron satisfactoriamente a actividade.

Aquí tedes unha foto da actuación dese día aparecida na páxina de facebook da Biblioteca Ánxel Casal co lema: Un bo espectáculo (aínda que na fotografía non se aprecie moito)


A próxima actuación será o día 4 de xaneiro no Concello de Vedra.

Boas críticas para Musicreques das Bibliotecas de Neda e Mugardos

Nas reseñas que fixeron no blog de "Ler conta moito" as Bibliotecas Públicas Municipais de Mugardos e Neda das nosas recentes actuacións, falan de "As aventuras de Quebranoces" como un estupendo espectáculo que encatou a pequenos e maiores! Podedes botarlle un ollo ás reseñas pinchando nos seguintes enlaces.

Reseña da BPM de Mugardos
Reseña da BPM de Neda


Axenda de actuacións (set-dec 2014)

Como nos estades a preguntar as datas e lugares onde imos estar nos próximos meses, deixámosvos aquí a axenda de actuacións que temos para este derradeiro cuatrimestre do 2014. Lembrade que as datas poden variar e que se poden engadir outras novas actuacións, polo que vos recomendamos seguir a nosa páxina de Facebook xa que ahí teredes a información máis actualizada. 

Setembro
Día 25 ás 12:00. Aula da Cultura de Neda. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Actuación para colexios da zona.

Día 25 ás 18:00. Biblioteca Municipal de Mugardos. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Entrada libre.

Novembro
Día 9 ás 18:00. Casa da Cultura de Arzúa. Representación de As aventuras de Quebranoces no "Ciclo de Teatro no Outono". Entrada libre.

Día 20 ás 12:00. Ceip A Barqueira de Cerdido. Representación de As aventuras de Quebranoces para os rapaces do colexio.

Día 24 ás 11:00. Ceip Celso Emilio Ferreiro de A Silva-Cerceda. Representación de As aventuras de Quebranoces para os rapaces do colexio.

Día 29 ás 19:00. Centro Socicultural do Graxal en Cambre. Representación de As aventuras de Quebranoces. Entrada libre.

Decembro
Día 20 ás 12:00. Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Entrada libre.

Día 28 ou 4 de xaneiro. Día e hora a determinar. Vedra. Representación de As aventuras de Quebranoces. Entrada libre.

Día e hora a determinar. Ceip Couceiro Freijomil de Pontedeume. Representación de Iván e o Lobo gris para os rapaces do colexio.

Día e hora a determinar. Ceip de Andrade-Pontedeume. Representación de Iván e o Lobo gris para os rapaces do colexio.


Ultimas actuacións antes do verán

O venres 20 despedimos a nosa actividade antes de comezar as vacación de verán con dous concertos didácticos en dous extremos da provincia da Coruña. Pola mañán visitamos o Ceip de Frions en Santa Uxía de Ribeira invitados pola Anpa do cole, de quen tivemos una gran axuda con todos os nosos trebellos. Pola tarde subimos ata a Biblioteca municipal de A Capela onde tiñamos unha actuación dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" das Bibliotecas Públicas de Galicia. Deixámosvos aquí o enlace ao seu blog onde aparece a reseña da nosa actuación. Foi un día moi intenso e moi divertido!

Con estas dúas representacións de "As aventuras de Quebranoces" despedimos, xunto cos rapaces de Frions e A Capela, o intenso curso escolar e comezamos as vacación estivais. Voltaremos á actividade en setembro. 

Actuación na Biblioteca de A Capela

Lembrade que para o próximo curso poñeremos en marcha o novo espectáculo de "Iván e o lobo gris", unha fantástica historia de lobos, bruxas e maxia, na que poderedes acompañar a Iván na desesperada procura dun misterioso ladrón ao que terá que atopar…. se non quere que lle corten a cabeza! E todo iso cos nosos fermosos monicreques e a xenialidade e enerxía da música das Danzas eslavas de Antonín Dvorák.

O día 20 estaremos en Ribeira e A Capela

De hoxe nunha semana, o venres 20 de xuño, percorreremos de sur a norte a provincia de a Coruña para levar o noso espectáculo dende Ribeira, onde actuaremos para os nenos e nenas de o Ceip. de Frións, ata a Biblioteca Municipal de A Capela, na que representaremos "As aventuras de Quebranoces" dentro do programa "Ler conta moito".
Fainos moita ilusión que os nenos poidan despedir o curso escolar e comezar as súas vacacións estivais gozando ca música e o teatro.