Musicreques retoma a súa actividade

Ola a todos! 

Estamos por aquí para anunciarvos que Musicreques vai retomar a súa actividade despois do parón que fixemos por mor da COVID. Agora estamos a concretar as novas actuacións e pronto poderemos comunicarvos as datas e lugares que, en todo caso, non serán antes do verán.  En verdade estamos moi contentas porque volveremos a Concellos nos que xa estivemos aínda que tamén visitaremos novos lugares e, coma sempre, fainos moita ilusión.

Con un pouco de sorte poderemos próximamente tamén presentarvos o novo proxeto no que estivemos a traballar. Que vos parece un novo contacontos para O Camiño?

Xa falta menos!


Síguenos en Facebook!

Síguenos en Instagram!

Síguenos en Youtube!

Musicreques actuou na nova normalidade co seu Contacontos Musical

Onte, Musicreques viaxou ata o Concello de Sada para representar o Contacontos Musical dentro do programa Ler Conta Moito.  A actuación levouse a cabo con tódalas medidas de seguridade necesarias nestos tempo de pandemia, como o uso obragatorio de mascarillas, distancia de seguridade, control do aforo, uso de xeles desinfectantes, etc.



Aínda que o público estaba máis lonxe e era menos do habitual, todo saiu perfectamente e, tanto nenos como maiores, participaron activamente das cancións, coreografías, adiviñas, palmas, etc. 

Tivemos unha gran axuda por parte do técnico de luces e son, David, que nos facilitou crear o ambiente axeitado e que se escoitara todo perfectamente ben a pesar de que Loreto usara a súa mascarilla durante o Contacontos Musical.


Moitas grazas ao Concello de Sada por contar connosco. Gustounos moito actuar ahí e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos!

A próxima cita será o sábado 10 en Bergondo. Se non vos quederedes pedrer ningunha das nosas actuacións, recomendámosvos que vos fagades seguidores de Musicreques nalgunha das nosas páxinas de Facebook ou Instagram.

Ata a próxima

O próximo sábado Musicreques actuará en Sada

O próximo sábado día 3 de outubro Musicreques actuará na Casa da Cultura Pintor Lloréns do Concello de Sada. O espectáculo elexido é o Contacontos Musical, co que as crianzas, ademáis de gozar dos contos, poderán cantar, bailar, aprender moitas cousas e tamén coñecer a música de Satie, Chopin, Saint Saens, Brahms e moitos compositores máis.


A cita é ás 18:30 e a entrada gratuita, máis hai que reservar entrada antes de ir porque o aforo é limitado. Non faltedes e veredes que ben o imos pasar!

E se non vos podedes achegar nesta ocasión, non vos preocupedes... porque o sábado 10 viaxaremos ata Bergondo para facer a versión para bebés do Contacontos Musical. 

Que ilusión!!!

Música e monicreques en Ler conta moito

Outro ano máis Musicreques participa no programa Ler conta moito das Bibliotecas Públicas de Galicia. Na presente edición poderedes atopar dous dos nosos contacontos con música e monicreques: 

  • os Contacontos Musicais que ten dúas versións (unha para nenos de máis de tres anos e outra para bebés) 


A continuación poderes ver unha mostra en fotos dos dous contacontos.

Contacontos Musicais

Contos e Música do ceo, da terra e do mar


Para atopar os nosos contacontos, no programa Ler conta moito, deberán escribir Musicreques no nome de actividade. Alí aparecerán os dous espectáculos.

Catálogo Ler conta moito 2020




Musicreques na vosa biblioteca


Co gallo da próxima solicitude por parte dos Concellos das actividades incluídas no catálogo de "Ler conta moito 2019", querémosvos informar dalguns erros que poden dificultar a localización dos nosos Contacontos para que poidan ser representados na vosa biblioteca.


En primeiro lugar, non nos busquedes polo nombre artístico xa que na inscripción o responsable de facela equivocouse e non aparecemos.  😥





Para localizar os nosos Contacontos recomendámosvos que poñades Musicreques no apartado de Actividade. Deste xeito obteredes dous resultados: 

1- Contacontos Musicais 
2- Contos e música do ceo, da terra e do mar.

Por outra banda, e xa dentro de cada actividade, recomendámosvos tamén que visitedes o noso blog para ter toda a información de cada Contacontos, xa que o enlace que aparece na páxina de Ler conta moito tampouco vos vai servir de moito.  😥

Pinchade nestos enlaces que aprecen a continuación e teredes toda a información que necesitedes.

1- Contacontos Musicais (Este contacontos ten dúas versións e pode estar dirixido tanto a nenos de 0 a 3 anos como a nenos de 3 a 12. Xa foi representado con moi boa acollida e en numerosas ocasións tanto no 2018 como no que levamos do 2019)

2- Contos e Música do ceo, da terra e do mar (co mesmo formato dos Contacontos Musicais, contos en prosa e en verso, música de piano en directo, cancións, adiviñas, etc, con contos e monicreques diferentes. De estrea no 2019)

Se ti es programador xa sabes!...  e se non es programador e aínda así quéresnos ver na túa biblioteca habitual, fálalle de nós ao responsable dela ou envíalle este enlace.