Por Isabel Villagar
Etiqueta: vídeo
-
O conto de “A tola de Lola” en Youtube
Como sabedes, o conto de ” A tola de Lola” é un dos contos de Musicreques pertencente ao espectáculo de Contacontos Musicais. Témolo á venta nas librerías Áncora e Ferreiros de Pontedeume e no Bieiteiro de Abegondo. Se vos interesa e aínda non o tedes impreso en papel, podedes conseguilo nestas librerías ou tamén facernos un pedido directamente a nós xa que, se o precisades, o enviamos a domicilio.Hoxe estamos moi contentas de poder comunicarvos que podedes tamén agora gozar do conto de Lola coa mesma música e narración oral que facemos no contacontos. O único que tedes que facer é visitar a nosa canle de Youtube ou directamente neste post.“A tola de Lola” é un conto orixinal de Musicreques, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán. Trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, mais non sempre as súas eleccións son as mellores opcións…Un divertido conto no que se tratan temas como o respeto aos que son diferentes, a importancia de valorar aos demais polo que fan aínda que non sempre as cousas saian como un quere, e o valor de ser quen un es maila que non sexa o que os demais esperan del. -
Video da reportaxe sobre Musicreques de La Voz de Galicia
Xa está disponible na nosa canle de Youtube o pequeno video incluído na versión dixital do artigo de Beatriz Antón en La Voz de Galicia do 22 de xaneiro de 2019.Esperamos que vos guste! -
JINGLE BELL ROCK 1rst eso
Let’s listen first different covers:
Let’s practice with the lyrics: