Archivo de la etiqueta: vídeo
Estamos de noraboa!
A nosa canción de Ramona, a mosca lambona, foi escollida pola profesora Carmen Sanmartín para celebrar o fin de curso no Ceip. Santiago Apóstolo Franza-Mugardos cos alumnos de Ed. Infantil. Fixeron un video cantando e bailando a canción e subírono a Youtube. Deixámosvos aquí o enlace para que o gocedes tanto coma nós.
Por se iso non fora dabondo, no blog da Biblioteca do Ceip. "A casa de Pulpi" fixeron unha entrada con todos o datos posibles sobre Musicreques e sobre a nosa Ramona. Ir ao blog
A verdade que ser escollidas deste xeito foi unha fantástica sorpresa e unha enorme ledicia. Ramona xa forma parte de todos eses rapaciños e rapaciñas. Moitísimas grazas Carmen!!
Por: Isabel Villagar, profesora online de canto
Este es el enlace al facebook live en el que se emitirá mi vídeo con un mensaje de inspiración para todas esas chicas que necesitan motivación en sus vida y en su carrera musical, para el programa de Oliver Iturbe, ELLA SUENA TV, de Ciudad de México.
VER MÁS >

Ola a todos!
Estamos moi contentas porque xa subímolo video da canción da vaca Lola á nosa canle de Youtube. Esperamos que teña tan boa acollida como cando cantamos e bailamos esa canción en directo nos nosos espectáculos de Contacontos.
Non deixedes de velo video e de darle ao like se vos gusta! E claro, se coñecedes máis rapazada á que lle guste cantar e bailar, compartide o video para que Lola aprenda a bruar!!