Autor: MUSIKEANDO

  • INTERPRETAMOS A BEETHOVEN!


    Déixovos a partitura para tocar o “Himno a la alegría”. Sexamos como Beethoven!!!


    Se clicades no debuxo tedes un xogo para axudarvos a aprender a melodía. 





  • "HIMNO A LA ALEGRÍA": UNHA CANCIÓN PARA A PAZ

    O día 30 de xaneiro celébrase o “Día Escolar da Paz e da non Violencia” e como todos os anos cantaremos todos xuntos unha canción conmemorativa.

    Este ano aprenderemos o “Himno a la alegría”, famosísima canción interpretada por Miguel Ríos.


    clicade na foto se queredes acceder á súa web

    Miguel Ríos naceu no ano 1944 en Granada e podemos consideralo como un dos pais do rock español.

    No 1969 nace o “Himno a la alegría” tras a adaptación musical do 4º movemento da 9ª sinfonía de Beethoven. O tema fíxose tan famoso que traspasou as nosas fronteiras e foi un gran acontecimento musical en moitos paises do planeta. Vendéronse 7 millóns de discos en todo o mundo e chegou a ser número 1 das listas de éxitos en paises como Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido ou Alemania.


    Miguel Rios interpreta o “Himno a la alegría” nun concerto en Sevilla no ano 2012.

     


    Neste vídeo tres importantes cantantes do panorama nacional, Ana Belén, Victor Manuel e Joan Manuel Serrat acompañan a Miguel Rios na súa interpretación do “Himno de la alegría”.

     

    E agora a nosa interpretación, clicade no debuxo para aprender a letra.





  • UN CONCERTO FANTÁSTICO!!!

    O concerto que deu no colexio a Banda de Música de Sanxenxo foi fantástico. Pasámolo moi ben e aprendemos moitísimas cousas.






  • UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

    Fachiño quere saber como se chaman as partes do corpo dos humanos, xa que o seu corpo non se parece nada ao noso.

    Imos cantarlle unha canción para que aprenda o nome dalgunha delas.

    A canción titúlase “Esto bailase así” e pertence ao disco de “Uxía Lambona e a Banda Molona”.






  • CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SANXENXO

    O venres 4 de decembro recibiremos no colexio á Banda de Música de Sanxenxo. Darán un pequeno concerto para todos os alumnos de Primaria.

    Aquí vos deixo un xogo co que aprenderedes moitas cousas sobre os diferentes instrumentos da Banda.


    Clicade na fotografía para empezar a xogar!