LEMBRADES???

Prestade moita atención a este simpático vídeo e a ver se sodes quen de contestar as preguntas que vou facer a continuación.





A orquestra toca diferentes melodías e entre elas hai unha moi famosa que escoitamos o curso pasado. 

PODEDESME DICIR COMO SE TITULA?

PODEDESME DICIR QUE INSTRUMENTOS A TOCAN?



A CONTA ATRÁS

3, 2, 1 !!! 

Si si contade despacio porque estes son os días que vos quedan para rematar as vosas  vacacións, iso si, ben merecidas.

Hai algúns que xa levamos no cole dende o día 1 de Setembro preparándolo todo para cando cheguedes.

Un ano máis espero que disfrutedes na clase de música, xa que este curso imos traballar cun proxecto moi interesante, do que xa vos falarei.

Agora déixovos con este simpático director de orquestra para que vos riades un pouquiño.

Ata o mércores!!!


BO VERÁN!!!

Ola chicos, xa chegou o remate do curso e quero decirvos que estiven encantado de pasar todos estes meses traballando con vos e coa música de Edvard Grieg.

Antes de voltar a miña gruta en Noruega pasarei uns días de descanso na praia de A Lanzada, a ver se nos vemos e nos damos un chapuzón, ainda que a auga estea fría!!!

BICOS DE MÚSICA E FELICES MELODÍAS!!!

                    O VOSO AMIGO PARA SEMPRE, GROTUS.