Musicreques actuou en Bergondo

O pasado día 10 de outubro Musicreques levou o seu espectáculo de Contacontos Musicais ata o Concello de Bergondo. A representación tuvo lugar no auditorio da Senra pola tarde seguindo tódalas medidas de seguridade axeitadas a estes tempos de pandemia.

O público infantil e familiar mostrouse moi participativo e gozou dando palmas, cantando, resolvendo adiviñas e, como non, gozando especialmente da música e dos contos.

Deixámosvos algunhas fotos do acontecido ese día e esperamos que vos gusten!

Síguenos en Facebook!

Síguenos en Instagram!

Síguenos en Youtube!

Musicreques actuou na nova normalidade co seu Contacontos Musical

Onte, Musicreques viaxou ata o Concello de Sada para representar o Contacontos Musical dentro do programa Ler Conta Moito.  A actuación levouse a cabo con tódalas medidas de seguridade necesarias nestos tempo de pandemia, como o uso obragatorio de mascarillas, distancia de seguridade, control do aforo, uso de xeles desinfectantes, etc.



Aínda que o público estaba máis lonxe e era menos do habitual, todo saiu perfectamente e, tanto nenos como maiores, participaron activamente das cancións, coreografías, adiviñas, palmas, etc. 

Tivemos unha gran axuda por parte do técnico de luces e son, David, que nos facilitou crear o ambiente axeitado e que se escoitara todo perfectamente ben a pesar de que Loreto usara a súa mascarilla durante o Contacontos Musical.


Moitas grazas ao Concello de Sada por contar connosco. Gustounos moito actuar ahí e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos!

A próxima cita será o sábado 10 en Bergondo. Se non vos quederedes pedrer ningunha das nosas actuacións, recomendámosvos que vos fagades seguidores de Musicreques nalgunha das nosas páxinas de Facebook ou Instagram.

Ata a próxima

O próximo sábado Musicreques actuará en Sada

O próximo sábado día 3 de outubro Musicreques actuará na Casa da Cultura Pintor Lloréns do Concello de Sada. O espectáculo elexido é o Contacontos Musical, co que as crianzas, ademáis de gozar dos contos, poderán cantar, bailar, aprender moitas cousas e tamén coñecer a música de Satie, Chopin, Saint Saens, Brahms e moitos compositores máis.


A cita é ás 18:30 e a entrada gratuita, máis hai que reservar entrada antes de ir porque o aforo é limitado. Non faltedes e veredes que ben o imos pasar!

E se non vos podedes achegar nesta ocasión, non vos preocupedes... porque o sábado 10 viaxaremos ata Bergondo para facer a versión para bebés do Contacontos Musical. 

Que ilusión!!!

Un conto de Musicreques para contar e para cantar

Xa temos un conto novo en Youtube!

"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que as crianzas poderán ademais coñecer un montón de animas da selva e cantar o pegadizo estribillo.

Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, mais o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate. Serán demasiados animais para esa lanchiña o caberán todos? Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.


Esperamos que vos guste!


O conto musical do caracol viaxeiro en Youtube

Se aínda non estades subscritos á nosa canle de Youtube non deixedes de facelo se queredes estar ao día das nosas publicacións porque, dende o video do conto-canción de Ramona, a mosca lambona, que colgamos a principio deste mes, engadimos un conto musical máis: o conto de O caracol viaxeiro

Nel aproveitamos para dar a coñecer aos raparigos a fauna das distintas partes do mundo, dende o deserto ata o ártico, a selva e as fragas, todo isto coa fermosa música do segundo movento (Andante) da Sonata en Do.M K 545 de Mozart. 




As ilustracións dos fermosísimos debuxos vectoriais que aparecen no conto as atopamos  ná páxina: https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis, e as fotos de animais da páxina: https://pixnio.com/es/

Por outra banda, e polo día do libro do pasado xoves, compartimos tamén nas nosas páxinas de Facebook e Instagram un simpático video que fixeron catro dos nosos pequenos seguidores (Iago, Lois, Leo e Iria) contando e recomendando o noso conto A tola de Lola. Se non coñecedes o conto non deixedes de velo!

Esperamos que estedes todos ben e que o noso traballo vos axude a levar mellor esta difícil situación de confinamento.