Actuacións de Musicreques no programa de colaboración co CMUS Xan Viaño

O venres 15 de marzo fixemos a sexta actuación do programa de dinamización da música e a lectura que Musicreques fai en colaboración co CMUS Xan Viaño de Ferrol. Desta vez fumos ata o Ceip. Isaac Peral onde actuamos para 130 rapaciños de Infantil que estiveron moi atentos e participativos. O próximo mes de abril remataremos o programa no Ceip. de Esteiro. 

E mentras chega esa data seguiremos a levar os nosos espectáculos a outros Concellos como o de Cee, no que representaremos O Quebranoces (espectáculo para bebés) no ciclo de "Música e Teatro en familia" de Agadic.


Espectáculos na Rede Cultural

O próximo mércores remata o prazo de solicitudes para a contratación dos nosos espectáculos na Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Aínda estades a tempo se vos interesa. 😊

Temos tres espectáculos de monicreques que podedes atopar na categoría de Teatro-infantil (por un erro non aparecemos en Teatro-monicreques) e un espectáculo de Contacontos (que si está ben clasificado) na categoría de Teatro-Contacontos. Todos eles con música de piano en directo.
 🎼🎼🎹🎹

Teatro-infantil ( de monicreques)
1. As aventuras de Quebranoces
2. Iván e o Lobo gris
3. O Quebranoces (espectáculo para bebés)

Teatro-Contacontos
1. Contacontos Musicais

Podedes atopar toda a información sobre estos espectáculos neste blog nas pestañas de Espectáculos de monicreques e Contacontos.

Éxito da actuación de Musicreques no Odeón

A actuación no Centro Comercial Odeón de Narón foi todo un éxito de público. 

Os rapaces asistentes estivieron atentos durante todo o espectáculo e participaron moitísimo. Cantaron, deron palmas, responderon ás preguntas, contaron a tódo-los animais, resolveron as adiviñas e fixeron as coreografías propostas.

Un público fantástico!!




Próxima actuación de Musicreques no Odeón

O sábado deste próximo fin de semana Musicreques actuará no Centro Comercial Odeón, de Narón.

O público asistente poderá gozar dos Contacontos Musicais ás 18:00. A entrada é de balde e esperamos que tódo-los asistentes o pasen fenomenal.

Aqui tedes unha mostra do espectáculo:


Musicreques no Carballiño

Onte actuamos no Auditorio Municipal de O Carballiño, dentro das actividades da Rede de Teatros e Auditorios e Agadic. Representamos os Contacontos musicais adaptados ao entroido, coa visita do gorila Martiño e divertidas adiviñas que gustaron moito aos rapaciños.

Todo saiu estupendamente e pasámolo pipa. Ademáis, logo fumos gozar do marabilloso polbo á feira e claro, estaba para chupar os dedos!! Esperamos volver de novo con outro dos nosos espectáculos!

Moitas grazas a Celia e a Xulia! Unha aperta

Aquí vos deixamos algunhas fotos de onte.





A seguinte actuación será o próximo sábado 9 de marzo ás 18:00 no Centro Comercial Odeón, en Narón.