Autor: MUSIKEANDO

  • AÍ VEN O MAIO…

    Outro ano máis a construción do “MAIO” serviu para pasar un día moi divertido e para disfrutar dunhas coplas que cantaron moi ben os nenos de 5º e 6º.

    Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e a Laura, a fotografa do cole, que tamén fixo a gravación das coplas.


    Xa chegou o mes de maio
    todo fermoso e florido
    e a o cole do Cruceiro
    encheunos de colorido.

    Para facer este maio
    tivemos que recoller,
    o fiuncho, os pampullos
    e as laranxas tamén

    Neste cole tan velliño
    todos facemos o maio
    e poñemos o fiuncho
    con moitísimo coidado.

    Os rapaces do Cruceiro
    queren un novo colexio
    piden ao goberno enteiro
    que espabilen cos terreos.

    Que din que non hai terreos,
    que se non chegan os cartos
    e o colexio do Cruceiro
    estase caendo a cachos.

    Seica xa non hai fondos
    para semellante “obra”
    que nos deixen unha “black”
    anque so sexa unha hora.

    Catalina prometeunos
    un colexio ben noviño
    pero ela está pendente
    do caudal do río Miño.

    Paseouse o conselleiro
    a alcaldesa e Mari Paz,
    só faltaba no Cruceiro
    o pequeno Nicolás. 
    Este ano no Cruceiro
    imos ir todos guapiños
    vannos poñer uniforme
    para ir todos igualiños.

    Non  é nada obrigatorio
    poden vir como lles pete
    soamente hai que facer
    que uns a outros se respecten.

    Nós seguimos estudando
    neste cole “medieval”
    todo cheo de buratos
    que ninguén quere arranxar.

    Este ano co Quixote
    estamos a traballar
    e as súas aventuras
    todos imos a lembrar.

    Necesitamos diñeiro
    para o parque de atraccións
    e se non o conseguimos
    caemos en depresión.

    A Madrid iremos xuntos
    a finais deste mes,
    se non chove e fai bo tempo
    pasarémolo moi ben.

    Este maio ben molou
    e o tedes que admitir
    coas rimas que fixemos
    vos podedes divertir.






  • CELTIC ROOTS

    Neste trimestre traballaremos en todo o colexio coa música tradicional galega. 

    Os nenos de Infantil empezáchedes cun fantástico concerto de Magín Blanco que xa sei que vos encantou.

    Agora imos retomar un tema que xa ten uns anos e que formou parte  dun proxecto educativo multidisciplinar que tivo como obxectivo afondar no coñecemento entre nenos de paises que comparten unha cultura atlántica común. 
    Neste proxecto fusionáronse a música tradicional galega e irlandesa e colaboraron nel músicos de relevancia en Galicia e no Reino Unido.

    Cando Inzilbeth cumpriu 5 anos fixémoslle como agasallo dos nenos de Educación Infantil unha danza con este tema que agora aprenderedes vos. Eles bailaron moi ben e seguro que vos o facedes aínda mellor.

    Ah, por certo, estes bailaríns aínda andan polo cole!!! COÑECEDES A ALGUÉN???





  • MUIÑEIRA CORRIDA

    Aquí vos deixo a canción con pictogramas. Clicade en Felisa para escoitala.




  • O CONCERTO!!!

    Aquí vos deixo unhas fotos do concerto que reflicten o ben que o pasamos todos. Clicade na foto da nena e o grilo e A CANTAR!!!


  • NO PAÍS DAS APERTAS

    Os nenos de 4 e 5 anos quixeron visitar o “País das apertas” e ao igual que a nena e o grilo puxeron todo o seu empeño en darse as apertas máis agarimosas do mundo.