Xosé Manuel Budiño está presente nun proxecto educativo precioso, desenvolvido coa colaboración de tres escolas (galega, inglesa e irlandesa), no que os cativos cantan temas tradicionais cunha mesma raiz, con "Celtic Roots".
Isto me recorda á fantástica experiencia na que eu mesmo participei no ano 2000. Tratábase dun intercambio musical entre o noso instituto (IES Eladio Cabañero, de Tomelloso) e outros tres centros de Helsinki, Nápoles, e unha pequena cidade perto de Atenas. Preparamos varias obras en conxunto e outras por separado, e as interpretamos en Helsinki ao longo de varios concertos durante unha semana.
O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Déixovos un adianto deste fantástico proxecto. Son entrañables as imaxes dos rapaces cantando.
Celtic Roots - GL from Casa de Tolos on Vimeo.