Ata o próximo curso!!

Xa quedan atrás os días que compuxeron este pasado curso 2011/2012. Cada vez o tempo voa máis rápido para o Merlo... Co paso do tempo tamén eu aprendo cousas novas dos meus alumnos/as, todos temos moito que ensinar, moito que dicir e moito que aprender. Teño tantos e tan bos recordos deste curso que creo que non podería quedarme con ningún en concreto. Quédome con cada momento que vivimos xuntos nesa nosa aula de Música, nese recuncho onde houbo un pouco de todo.  Eu agardo polo menos, que todos vós levedes algo novo nas vosas alforxas, algo que vos enriquezca, que vos faga nenos e nenas felices, que vos faga crecer como grandes persoas.  Este "alguiño" é a Música, esa parte da vida que nos fai mellores persoas, que nos axuda a experimentar as sensacións, que nos axuda a expresarnos, a comunicarnos,  a ser un pouco máis felices. Iso é a Música, o segredo a voces para ser felices.

Non deixedes nunca de cantar, de tararear, de asubiar...  
este é o canto do merlo... que vai facendo o voso eco...

Unha aperta moi moi forte e FELICES VACACIÓNS!!!

O.