Autor: MUSIKEANDO

  • YO CONTIGO, TÚ CONMIGO

    O alumnado de 5º e 6º, utilizando técnicas de traballo cooperativo, fixo a coreografía da canción “Yo contigo, tú conmigo” que acompañará a todos os vídeos que subamos ao blog sobre traballo cooperativo.

    Nos seguintes vídeos podemos ver como foi o proceso.














  • O MONSTRO DE CORES. CONTO MUSICAL

    Durante o pasado curso o alumnado de 3º de primaria fixo unha versión musical do famoso conto “O monstro de cores”.

    Este traballo fíxose en diferentes etapas ata rematalo co fin do curso.

    Comezou na aula de música compoñendo a música.
    Logo os nenos interpretaron o conto no Festival de Nadal.
    No terceiro trimestre fixeron o conto en papel contando coa colaboración da profe que imparte Valores Sociais e Cívicos.
    Ilustraron a historia, escribiron as partituras, cortaron as figuras musicais e montaron un completo libro que formará parte da biblioteca do colexio.

    A estrutura do libro é a seguinte: portada, a folla de cada emoción coa súa correspondente partitura, unhas follas con figuras musicais para poder formar os compases, o disco coa gravación do conto e a contraportada.


















    Nos seguintes vídeos podedes ver o conto en papel e a representación dos nenos.







    Presentación na biblioteca.


  • PEQUENOS ARTISTAS!

    No remate do curso Fran trae o seu trombón para que vexamos os seus avances, que son moitos.





    David tamén quixo mostrarnos a súa habilidade tocando o saxofón.




    E para rematar non podía faltar un dúo.




  • UN DEBUXO MOI ESPECIAL

    Marta, de 5 anos B, fixo un debuxo dedicado a Mª Victoria Moreno, para que o publiquemos no blog de música.

    Moitas grazas Marta, é un debuxo precioso.





  • BIM BUM

    Con este divertido vídeo cantaremos e tocaremos utilizando os instrumentos de percusión corporal.

    Empezamos a modiño e imos aumentando a velocidade. Non vale perderse!