Feliz Curso 2012 / 2013

Xa se iniciou o novo curso. Estamos coas presentacións, para coñecernos un pouco. A nosa Aula aínda vai cambiar moito, co traballo diario irá tomando nova forma e colorido, pero pouco a pouco. Xa tivemos presentación con 3ºA, 3ºB, 6ºA e 6ºB. Todos os cursos parecen moi interesados pola clase de Música, así que seguro que será un ano de moito traballo e grandísimos resultados! 

Dende aquí vos desexo a todos un Feliz Curso 2012 / 2013 
 A importancia de entrar a un Aula de Música cunha decoración que nos invite a facer Música!!

Unha aperta!

O.  
   

Galería de Arte: O Pentagrama

Chega a recta final deste curso... Aínda quedan moitas horas de clase, bastantes días e poucas semanas... Por iso non queremos que se quede nada no tinteiro, polo menos os traballos que resultaron máis satisfactorios para os nosos Merliños. Ademáis, neste colexio estamos rodeados de artistiñas e a verdade e que non podemos parar de presumir!!

Nesta ocasión fixemos un traballiño co pentagrama, a ubicación nas liñas e os espazos. Pensamos que a pequena clave está en empregar cores chamativas, como o azul sobre o amarelo, e tamén é importante que os nenos/as experimenten recortando e pegando sobre as liñas. É posible que nos leve máis tempo deste xeito, pero non importa, imos lentos, seguros e aprendendo!

OBRAS DE ARTE CONXUNTAS
Pincha na imaxe para ampliar o tamaño


ARTISTAS TRABALLANDO
Pincha na imaxe para ampliar o tamaño


Parabéns, rapaces! Un bo traballo!

Unha aperta!

O.

Parabéns aos nosos alumnos/as!!

 Concurso literario Xaime Illla Couto 

Aínda que non é unha noticia  musical, sempre é un orgullo que os nosos alumnos/as acaden premios e sintan que o seu labor ten unha recompesa.   

O 8 de maio de 2012 reuniuse o Consello Municipal de Cultura, presidido pola concelleira Silvia Díaz, en sesión extraordinaria, para fallar o XX Concurso literario Xaime Illa Couto. Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de libros e 70 euros). Os nosos gañadores: Alejandro Blanco Costas, Nerea Oubiña Viñas e Antía Vázquez Corredoira. Parabéns!!

Recorte de prensa recollido hoxe 18 de Maio de 2012 no xornal "Faro de Vigo"
Pincha na imaxe para ampliar.
Antía, a terceira pola esquerda, Nerea a cuarta pola esquerda e Alejandro no centro, vestido de gris.


Unha aperta!

O.