Concurso literario Xaime Illla Couto 
Aínda que non é unha noticia  musical, sempre é un orgullo que os nosos alumnos/as acaden premios e sintan que o seu labor ten unha recompesa.   
O  8 de maio de 2012 reuniuse o Consello Municipal de Cultura, presidido  pola concelleira Silvia Díaz, en sesión extraordinaria, para fallar o XX Concurso literario Xaime Illa Couto.  Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de  primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de  libros e 70 euros). Os nosos gañadores: Alejandro Blanco Costas, Nerea Oubiña Viñas e Antía Vázquez Corredoira. Parabéns!!
Recorte de prensa recollido hoxe 18 de Maio de 2012 no xornal "Faro de Vigo"Pincha na imaxe para ampliar.Antía, a terceira pola esquerda, Nerea a cuarta pola esquerda e Alejandro no centro, vestido de gris. 
 
Unha aperta!
O.