Saúdos despois de moito tempo!

Ola a todos!

Antes de nada o Merlo quere pedir disculpas pola tardanza na actualización de contidos do blog!

A verdade é que estamos a traballar coma nunca! Dentro de pouco actualizaremos as seccións como se merecen. Daremos a coñecer os traballos de aula e algunha sorpresa. Pasou tamén o Día da Paz e o Entroido. Hoxe mesmo estamos de volta destes días de troula. Creo que todos voltamos con ganas de seguir aprendendo...

Deixo unha aperta ben forte!

O.

FELICES FESTAS!!!

Xa se aproximan as vacacións de Nadal. No CEIP de Viñas xa estamos sumerxidos nas panxoliñas que animan todo o colexio. Cada curso sae a cantar a súa, é unha sorpresa, cantamos polos pasillos a os alumnos que están en clase saen asombrados. Deste xeito creamos un bonito ambiente navideño no colexio. 

O Merlo seguirá a traballar neste blog! Polo de agora... deséxavos unhas FELICES FESTAS e que o ano novo 2012, veñas cargado de Paz e Felicidade, moitas ganas de estudar e traballar, e como non, de cantar!!

Unha aperta!

O.

Seguimos traballando…

O Merlo quere pedir mil disculpas polo retraso nas publicacións no blog!! A verdade é que estamos que non paramos e sen internet na casiña do Merlo, o que dificulta esta tarefa. Pero en canto este problemiña se resolva, volveremos a dar a coñecer o noso día a día, o noso traballo, que con tanto esmero preparamos.

Xa estamos estrenando novo compositor, este mes toca Johann Sebastian Bach. Todos os alumnos están fascinados coa súa vida, coa súa loucura pola música. E como non, todos quedaron abraiados coa súa música. Estamos a ver un concerto dun dos seus famosos concertos: "Concierto de Brandenburgo". Aquí o compartimos con todos vós!


Unha aperta!

O.