Déixovos unha actividade de proba dunha fantástica compañeira, Marina Salas Ellacuriaga.
Esta entrada é para comprobar como quedan insertadas unha serie de actividades feitas con
dentro dun blog. Cómpre subir previamente os arquivos do libro de actividades a un servidor (pode ser unha aula virtual dun centro educativo ou mesmo un espazo web contratado previamente). Tedes as instrucións debaixo da actividade.
Se é un LIM, por exemplo, nesa carpeta deben estar todas as imaxes e sons, ademais do arquivo "nome_do_libro.html", o arquivo "nome_do_libro.lim" e o arquivo "lim.swf", que son os tres arquivos xerados ao exportar o libro.
Se é un libro de actividades feito con Ardora, nesa carpeta deben estar todos os arquivos xerados ao exportar (os htm, os jar e todo o que haxa). Para estar seguro de que tes todo, podes coller o arquivo zip que se xerou ao exportar e subir a ese espazo web de aloxamento todo o que ten dentro del.
2º paso:Unha vez aloxado ese cartafol nalgún lugar de internet, teremos que incluír na nosa web, no artigo do noso blog, etc. o seguinte código, que nos serve para incorporar o libro de actividades:
É fundamental escribir no atributo
src a ruta onde temos gardado o arquivo HTML que resultou da exportación do exercicio LIM ou Ardora.
Se queres saber para que serve
src e cada un dos demais atributos da anterior etiqueta
iframe (é dicir, os parámetros da antedita etiqueta que están colocados dentro dela), le isto:
1.
src: é a ruta ou URL onde se atopa gardado o arquivo *.html exportado.
2.
frameborder: é o grosor do borde do marco expresado en píxeles.
3.
height: é a altura do marco.
4.
width: é a largura do marco. No caso de querer inserir o código nun blog, hai que ter coidado de non poñer unha largura demasiado grande, pois o marco podería invadir a barra lateral do blog.
5.
scrolling: é a barra de desprazamento. Escribimos "auto" para que a barra apareza automaticamente cando sexa necesario. Se escribimos "yes", a barra aparecerá sempre, e se poñemos "no", non aparecerá nunca. Neste último caso, hai que poñer un valor de altura dabondo en height para impedir que o libro se agoche por debaixo do marco e o usuario non poida velo enteiro.
6. Non debemos esquecernos das comillas e de pechar a etiqueta
iframe coa súa etiqueta de peche, que inclúe unha barra (
/iframe).
7. En texto verde temos incluído a etiqueta
div e o atributo
align para centrar o marco na páxina, aínda que non é necesario. Non hai que esquecer o
/div de peche. Con este código podemos centrar calquera elemento da páxina.
Se tes problemas co código, podes visitar este sitio para usar outro:
integración de LIM nunha páxina web (feita por Antón Vicente)
Sitios onde podes aloxar de xeito gratuíto o cartafol cos arquivos:• A aula virtual do teu centro (nun curso que teñas)
• O espazo web do teu centro
Tes que crear un cartafol novo dentro dun curso que teñas na aula virtual ou no teu espazo web e logo debes meter dentro todos os anteditos arquivos.
Para facelo doadamente (por exemplo subindo todo a unha aula virtual), o mellor é seguir estes pasos:1º.- Comprimir previamente o cartafol nun zip.
2º.- Subir o zip a un dos teus cursos na aula virtual e conseguir a ligazón a ela. Para iso, unha vez accedas ao teu curso logeándote, fai isto (paso a paso):
- Preme na ligazón "ficheiros" no menú da esquerda
- Preme en "cargar ficheiros"
- Preme en "seleccionar archivo", elixe o zip onde estea no teu ordenador, e preme logo en "cargar este ficheiro"
- Verás agora o arquivo "xxxx.zip" entre a lista dos arquivos do teu curso. Fíxate que á dereita podes premer en "descomprimir": preme aí. Crearase automaticamente un cartafol chamado "xxxx" con todos os arquivos.
- Preme nese cartafol "xxxx" froito da descompresión
- Preme co botón dereito en "index.htm" (ou no arquivo lanzador que sexa, sempre un htm) e dalle a "copiar dirección de enlace"
- Esa dirección URL que acabas de copiar ao portapapeis é a URL que tes que usar nos códigos de embebido para insertala no blog (eses códigos que che enviei no correo de instrucións).
- Esa URL podes pegala tamén directamente nun blog para lanzar as actividades, pero neste caso abriranse nunha nova pestana, en vez de correr "embebidas" dentro da entrada do blog.
Espero que estas instrucións sexan de utilidade.