"GATUXO", O NOVO DISCO-LIBRO DE MAGÍN BLANCO

Magín Blanco presenta o seu novo disco libro "Gatuxos", que en principio está pensado para bebés, pero tras escoitar a maioría das cancións, na miña opinión, penso que pode traballarse con este disco tamén na Educación Infantil, tanto en 3, 4 e 5 anos. Como nos ten acostumbrados, Magín Blanco ofrece unha calidade musical á que non debemos renunciar como educadores musicales, cunha instrumentación axeitada e bonitas letras, así como boas interpretacións. Temos que ter en conta que xa desde pequenos os nenos teñen que escoitar cancións ben cantadas (voces afinadas e entoadas), a música, como calquera linguaxe, segue o mesmo proceso de aprendizaxe, e non podemos caer na trampa de elexir cancións sen a suficiente calidade, tanto instrumental como vocal.

Neste disco "Gatuxos", e xa que está pensado para bebés, persoalmente, extraño eses sons instrumentais aos que os bebés son tan sensibles, instrumentos que ademáis poden e deben atoparse en calquera aula de música, como son o carrillón, cascabéis, triángulos, caixas chinas... e toda esa pequena percusión que maravilla aos máis pequenos.

De todos os xeitos, Magín Blanco ofrécenos unha calidade musical irrenunciable e que se está empezando a converter nun IMPRESCINDIBLE nas aulas de música.


ENLACE Á PRESENTACIÓN DE "GATUXOS": http://www.folmusica.com/llega-gatuxo/
ENLACE AO DISCO EN SPOTIFY: Magín Blanco – Gatuxo


Un saúdo!!



Los comentarios están cerrados.