Dentro do programa "Ler conta moito" das Bibliotecas públicas de Galicia, Musicreques ten previstas este 2015 varias actuacións:
O pasado 27 de marzo tocoulle a quenda á Biblioteca Nodal de Lugo onde representamos "As aventuras de Quebranoces" con moito éxito de público e críticas.
Este sábado, 18 de abril, ás 12:00 estaremos no CSC de Fontiñas, levando o espectáculo do Quebranoces á Biblioteca pública José Saramago de Santiago de Compostela.
O 24 de abril viaxaremos ata Cariño onde a nosa actuación terá lugar ás 11:00 na Casa da Cultura.
O 5 de Outubro ás 18:50 "Iván e o Lobo gris" farán as delicias dos rapaces na Biblioteca de Oseiro en Arteixo.
E para rematar as actuacións nas Bibliotecas, Musicreques actuará na Biblioteca de Mugardos o 20 de outubro co espectáculo de "Iván e o Lobo gris".
Contamos convosco!