Nova pestaña de Contacontos

Alégranos comunicarvos que temos nova pestaña no blog. Se pinchades en CONTACONTOS teredes acceso aos nosos espectáculos de contacontos.

Además dos espectáculos de monicreques, a partir de agora faremos tamén espectáculos de contacontos, é decir, narración orais acompañadas de música tanto para raparigos de máis de dous anos como para bebés. Todos os contos contan con soporte visual das fermosas ilustracións de Alma Cendán. A narradora é Loreto Pérez, autora tamén dos contos.

Hai contos de animais, de monstros, de ecoloxía, formativos, divertidos, algúns que invitan á refexión, etc,  nunha gran variedade e contados ca axuda das rimas e das cancións.

Se queredes coñecer os nosos contos non faltedes aos nosos espectáculos.



Los comentarios están cerrados.