A nosa Ramona foi escollida para celebrar o fin de curso en Franza-Mugardos

Estamos de noraboa!

A nosa canción de Ramona, a mosca lambona, foi escollida pola profesora Carmen Sanmartín para celebrar o fin de curso no Ceip. Santiago Apóstolo Franza-Mugardos cos alumnos de Ed. Infantil. Fixeron un video cantando e bailando a canción e subírono a Youtube. Deixámosvos aquí o enlace para que o gocedes tanto coma nós. 


Por se iso non fora dabondo, no blog da Biblioteca do Ceip. "A casa de Pulpi" fixeron unha entrada con todos o datos posibles sobre Musicreques e sobre a nosa Ramona. Ir ao blog 

A verdade que ser escollidas deste xeito foi unha fantástica sorpresa e unha enorme ledicia. Ramona xa forma parte de todos eses rapaciños e rapaciñas. Moitísimas grazas Carmen!!



A actuación en Laxe saiu moi ben a pesar do vento

O sábado 12 de xuño, con motivo do Día do Medioambiente e o Día dos Océanos, actuamos na Praza dos voluntarios de Laxe co noso contacontos Contos do ceo, da terra e do mar. Seguindo as recomendacións sanitarias o público mantivo a distancia de seguridade e empregou as mascarillas en todo momento. A pesar do vento (que nos complicou bastante a cousa) e da distancia, todos os rapaciños participaron moi activamente no espectáculo cantando, bailando nas cadeiras e reciclando acertadamente o lixo. 

Esperamos volver pronto a este Concello tan bonito con outro dos nosos espectáculos. Ata a próxima!