A nosa Ramona foi escollida para celebrar o fin de curso en Franza-Mugardos

Estamos de noraboa!

A nosa canción de Ramona, a mosca lambona, foi escollida pola profesora Carmen Sanmartín para celebrar o fin de curso no Ceip. Santiago Apóstolo Franza-Mugardos cos alumnos de Ed. Infantil. Fixeron un video cantando e bailando a canción e subírono a Youtube. Deixámosvos aquí o enlace para que o gocedes tanto coma nós. 


Por se iso non fora dabondo, no blog da Biblioteca do Ceip. "A casa de Pulpi" fixeron unha entrada con todos o datos posibles sobre Musicreques e sobre a nosa Ramona. Ir ao blog 

A verdade que ser escollidas deste xeito foi unha fantástica sorpresa e unha enorme ledicia. Ramona xa forma parte de todos eses rapaciños e rapaciñas. Moitísimas grazas Carmen!!



Ramona, a mosca lambona. Un conto divertido para o Nadal

Tal e como vos dixemos hai uns días, o conto de "Ramona, a mosca lambona" está piques de chegar ás librerías colaboradoras. Se estades a buscar un conto divertido para agasallar este Nadal, botadelle un ollo a Ramona que seguro vos vai gustar!.



Sabes que comen as moscas?
Puaj! comen moitas porcalladas!
E ademáis, á mosca Ramona
gustalle moito papar
e come todo o día sen parar.
O luns, o martes, o mércores...
as ricas "larpeiradas" de mosca
vanlle causar problemas a Ramona.
Queres saber o que vai acontecer?

Síguenos en FacebookInstagram ou Youtube


Musicreques está de celebración

Estes días Musicreques quere festexar dúas boas novas. 

A primeira cousa que estamos a celebrar é que a andanza da nosa compañía de música e monicreques cumpre xa oito anos dende a súa formación. Oito anos de moitas alegrías percorrendo a xerografía galega cos nosos espectáculos de monicreques e contacontos, tocando para a cativada unha morea de música ao piano dos grandes compositores clásicos, como Chopin, Mozart, Debussy, Tchaikovsky, Dvorak, etc..., cantando e bailando coas crianzas, compartindo as nosas historias e os nosos contos e, o que é o mais importante, gozando da ledicia dos nenos e nenas cando actuamos para eles. 

A segunda cousa que queremos compartir convosco e que é un gran motivo de celebración para nós, é que Musicreques está a piques de publicar outro conto. "Ramona, a mosca lambona", que tanto gusta á rapazada e a quen lle temos tanto agarimo, vai estar moi pronto dispoñible nos habituais puntos de venda. Esperamos que gocedes da divertida historia e das fermosas ilustracións de Loreto e Alma.

Co gallo destas dúas celebracións ocurrírsenos crear un pequeno xornal de novas sobre os protagonistas dos nosos contacontos. Unhas poucas follas para ler e entreter. Esperamos que vos divirtan tanto como a nós.

Éche o que hai (completo)

Síguenos nas nosas contas de FacebookInstagram ou Youtube!



Un novo conto para cantar e bailar

Onte subimos ás nosas redes sociais un novo video para que a rapazada pase entretida o confinamento. Esta vez foi a quenda do conto de "Ramona, a mosca lambona". 

Neste divertido conto, no que a mosca Ramona come sen parar durante toda a semana moitas cousas non moi saudables, os rapaciños poden cantar e bailar connosco, ademais de rir coas cousas que fai Ramona e descubrir o sorprendente (ou non tan sorprendente) final....

Non deixedes de velo, cantalo e bailalo... e, se vos gusta, compartilo cos vosos amigos!


E se non queres perder ningunha das nosas novidades...