Despois da actuación a primeiros de este mes en Pontedeume, na que fixemos dúas sesións, unha para bebés co Quebranoces e outra para rapaciños algo máis maiores, con Iván e o lobo gris, Musicreques ponse en marcha de novo para achegar aos rapaces a música e o teatro de monicreques.
O vindeiro martes 30 de Xaneiro, día da Paz, visitaremos de novo o Ceip Mesón do Vento, no que xa estivemos no 2014. Os rapaciños de este cole xa coñecen As aventuras de Quebranoces, mais o próximo martes coñecerán tamén a Iván, ao lobo gris, ao paxaro, a rá e, por suposto, a malvada bruxa Baba Yaga. Gozarán dun fantástico conto de aventuras, amizade e maxia no que o poder da música será quen de vencer todos problemas. Estamos a desexar que chegue o día...
Deixámosvos aquí tamén unha imaxe da actuación en Pontedeume.